Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Emigrantes que voltan

miércoles, 30 de enero de 2008
De Galicia saíron milleiros de emigrantes hacia terras lonxanas, todos coa ilusión de conquistar mundos novos e volver ó seu país. Eran minoría os que o conseguían. A mayoría afincábanse no lugar de destino, formaban unha familia ou medraban en soidade, soñando volver a Galicia algún día.

Ata o poeta reflectiu esta ansia de volver cando cantou “Din que coma o Miño, o noso pobo, na terra donde nace quer morrer”. E Castelao ofrécenos a triste imaxe do emigrante moribundo que voltou máis pobre do que saíu, confesándolle a súa nai que non quería morrer aló lonxe.

Existe agora unha Oficina de Retorno creada polo goberno español para asesorar ós emigrantes que desexen voltar sobre o mellor xeito de facelo. Con nove meses de funcionamento, leva atendido máis de mil consultas de españois que anceian voltar para traballar en España, ou para – unha vez xubilados- disfrutar do descanso na súa terra natal.

Chama a atención que o trinta por cento dos que queren regresar escollen Galicia como destino. Logo están cataluña e Andalucia. Pero primeiro Galicia.

Estes compatriotas están en Venezuela, Suiza, Arxentina, Holanda, Francia, Brasil... pero escollen Galicia para volver. Non sabemos que porcentaxe son galegos de procedencia, pero cabe supor que son bastante menos do trinta por cento, xa que non só Galicia tivo importante papel no pasado como proveedora de man de obra para a emigración.

Que Galicia sexa terra de promoción para o trinta por cento dos que anceian volver é un bo sinal da nosa imaxe exterior. Agardemos que a imaxe responda a realidade e sexamos unha nova terra de promisión, de inmigración e de integración.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES