Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As prazas cheas no Ourense baldeiro

sábado, 21 de septiembre de 2019
Non sei por que, pero non participo do concepto ese que se está a poñer de moda e que fala da "España vaciada", no noso caso da "Galicia baleirada". Que non me gusta, vah!

E non me gusta, non porque sexa un neoloxismo, senón porque esa España -Galicia- na que crece a matoeira e inzan os carballos e os saínchos onde denantes sombreaban as mazairas, os parrales e as claudieiras, esa España que se volve erma á mesma velocidade á que a invernía derruba os tellados das casas vellas, non a baleirou ninguén que chegara do extramundo e agora se nos presentase así coma o escenario dunha obra de teatro, senón que fomos nós e os gobernantes que nós eliximos ó longo das últimas décadas, os que coas nosas decisións persoais e intransferibles, as nosas tolerancias coas súas decisións e as súas decisións políticas, os que conseguimos que o estado da cuestión se atope como se atopa arestora.

Por iso prefiro o concepto da España, a Galicia ou o Ourense baleiro. Porque denantes de tomar calquera decisión de futuro é preciso que fagamos esta autocrítica de autoconciencia e non derivemos responsabilidades en terceiros sen nomes e apelidos, por máis que tamén os haxa e en moitos casos sexan apelidos impronunciables de orixe centroeuropeo.

Dito isto, devólveme ó asunto a información publicada onte por este mesmo xornal, no que foron compiladas diversas iniciativas que amosan algo de luz, por máis que sexa de moi baixo voltaxe aínda, sobre o manto de escuridade que por veces se nos bota por riba e nos impide ver o futuro ó outro lado do horizonte cando nos repiten ata a fartura iso de que somos os menos activos, os máis vellos e os menos productivos, xa non de España, senón da Península Ibérica.

É certo que exemplos coma o de Lobeira axudan a mudar conciencias e a facer virar tendencias, por máis que os seus habitantes precisasen tres anos denantes de se colocar con firmeza diante da farmacia -neste caso si "vaciada"- e reclamar do propietario ou da administración unha solución definitiva.

É certo iso, como son certas pequenas iniciativas que van aflorando, aínda que de xeito moi tímido, pois, por exemplo, non hai moito que escribín sobre unha norma -ben pouco publicitada, por certo- que levan impondo pola calada as entidades bancarias, mantendo só a caixa aberta ata as 11 do mediodía sen que ninguén se manifestase aínda contra iso.

Pois ben, leo na rede que o próximo día 4 de outubro as provincias que están organizadas dentro diso que se ten chamado a "España vaciada" (Teruel, Soria, etc.) van parar 5 minutos para que as metrópoles saiban que seguen vivos e coleando.

Pois ben, velaí que se me ocorre a min que Ourense non debería ser menos e sumarse tal día ó movemento enchendo as prazas das principais vilas –e tamén a Maior de Ourense- para autosuxestionármonos de que o noso sino non debe ser o de morrer baldeiros
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES