Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O xogo político da intimidade

viernes, 20 de septiembre de 2019
Penso que os elementos que incorpora o home á conduta ao longo do seu decurso vital, se nos detemos a reflexionar sobre o resultado da súa conxunción causativa e impulsora do proceso da súa maneira de conducirse e expresar a súa personalidade socialmente, deixando de lado outros ámbitos, poden ofrecernos achegas críticas non desprezables. Empecemos, pois, dicindo algo da INTIMIDADE da persoa humana.

Como escrebe Jesús Conill, Catedrádito de Filosofía Moral da Universidade de Valencia, “a cuestión da intimidade está moi presente na vida cotián e é de palpitante actualidade. De feito, vivimos tempos de crises da intimidade e de triunfo da ´extimidade`”. (Consulten a súa obra titulada “Intimidad corporal y persona humana”, Editorial Tecnos, 2019, Madrid). Non creo que ninguén poña en dúbida o predominio das aparencias, nas nosas sociedades, debido as tecnoloxías da comunicación, esquecéndose a verdade, como dicíamos nun artigo anterior, que hai que buscala DESVELANDO AS APARENCIAS. E, claro, no caso da persoa humana, aí aniña a súa AUTENTICIDADE.

Non confundan este enfoque nos comportamentos sociais, e particularmente no ámbito político, coas investigacións que se están a facer por algúns estudosos da intimidade no campo da neurociencia e da comunicación, a procura de acadar que sexamos nun futuro capaces de ler o pensamento e penetrar no sentimento das persoas. Aquí limitámonos a necesidade de recorrer a intimidade para xulgar a conduta das persoas a luz da súa autenticidade persoal. Por suposto que non estamos en presenza dun recurso fácil; pero, non obstante, no se debería abandonar na comodidade das aparencias.

Paréceme oportuno traerlles aquí unha cita, comentando a Ortega e Gasset, do Dr. Conill, recollida na páxina 59 do libro citado máis arriba, e do seguinte tenor literal, en tradución ao galego: “A intimidade humana exprésase a través do corpo. Cando vemos o corpo humano vémolo como carne e, por tanto, cargado de ´alusións a unha intimidade` e, ´por iso, miralo é máis ben interpretalo`. O corpo humano e os seus xestos SIGNIFICAN…`. Observen que o contido desta cita avala o que xa noutras colaboracións deixamos dito verbo das linguaxes mímicas e xestuais, e a súa importancia que teñen para escudriñar a autenticidade da persoa humana, fundamentalmente, nos procesos políticos.

Comprendo que se pregunten os lectores por que me empecino tanto en ofrecerlles estas reflexións no ámbito da política, se son extensibles a outras esferas de actuación do home, pois en todas elas a autenticidade está agachada na súa intimidade baixo o manto das aparencias. Sinxelamente, porque a maioría dos políticos prodigan, con eloxiable habilidade, o uso dos recursos que esixen as circunstancias para acadar o seus obxectivos, e o máis adecuado parece ser aparentar o que non é.

Non obstante, tamén é certo que non sempre se pode ocultar a verdadeira realidade, aquí a autenticidade inspiradora da confianza e chave da esperanza, posto que a mesma persoa que mantén a bo recado a súa intimidade non pode cerrar todas as vías de acceso a experiencia da mesma: Non é o mesmo a experiencia corporal da intimidade, utilizando a linguaxe mímica e xestual, por exemplo, obxectivando o corpo (ao que designan os estudosos alemáns con termo KÖRPER), portador de signos a interpretar, que ese mesmo corpo vivido (que chaman LEIB). No primeiro caso, o observador incorpora a interpretación a súa intimidade, e no segundo, os que viven o corpo na propia intimidade séntense comprometidos polos seus sentimentos, que procuran velar.

Cinxíndome ao sector político, e principalmente nos procesos que implican reparto de poder, cando os políticos ocultan unha esaxerada compoñente ególatra, non é difícil observar entre eles un xogo de intimidades persoais, so capa de defensa dos intereses do Estado; pero as dúas perspectivas de acceso que ofrece unha intimidade, traizóaos, transportándoos a situacións ridículas, con evidente esquecemento do esencial das súas obrigas. E o máis rechamante, na miña modesta opinión, é que neste xogo caen e maniféstanse tanto as medianías como as persoas ben dotadas intelectualmente.

Pero é que, ademais, estes xogos políticos das intimidades creo que arrastran consecuencias moi nefastas para os países, posto que son, cando menos, concausas da couza que está afectando dunha maneira relevante a España, e a outros países, como a quebra das institucións, que nos deron estabilidade, e a “anomia”, ese arrogante empeño de saltarse as leis á toureira, para vivir a mercé dos íntimos sentimentos circunstanciais. E os nosos políticos non só o toleran, gardando, a veces, as aparencias, e confortándose, algúns, con xustificar esa aberración, fundamentada, nada menos, que na democracia.

Certamente é algo que non me sorprende, cando o talento se deixa eclipsar pola inepcia. Esperemos que ese goberno progresista…!? abra horizontes de esperanza!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES