Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un novo curso

miércoles, 18 de septiembre de 2019
Escomenzamos o curso no ensino pero a nosa aprendizaxe dura sempre sen diferencia de idade, e acaendo a todas as estacións, xa que unha das aulas máis proveitosa para o noso proxecto vital é a Nai Natureza, e tamén no verán desfrutamos do seu ensino en unión e comuñón con todas as criaturas.

Lembro o impacto dun neto que me transmitía a súa solpresa cando presenciou coma o seu avó botaba na boca a primeira mora do ano agradecendoo “no nome de Deus”, porque estaba a beneficiarse do sabor e da beleza dunha froita do tempo. E arestora, a comezos de curso, está a recibir o calendario que tamén é o resultado do devir da natureza e da sabedoría dos nosos devanceiros que souberon harmonizar os traballos do agro e o ocio, e así as crianzas e a mocidade asimilan como todo o que nos convén é esforzo e pracer, e con esta actitude comezan o curso, non só co peso da mochila ateigada de libros, tamén coa lentura de tantas emocións e sentimentos adquiridos nesta empatía coa nai terra e cos colegas...

Nas romaxes do verán arrequecemos o noso saber coas vibracións da beleza e a creatividade partillada co común da nosa veciñanza seguindo as tradicións que foron enxergando no medio de nós... Non é só a memorización da historia da comunidade, é deixarse envolver polas sensacións que provoca a amizade e a colaboración de todas e todos nun mesmo sentir, moi afastados da competitividade, ficando na celebración dos recursos e cualidades de cada veciñ@.

Estamos a desfrutar dunha relación cimentada no ben común do grupo... Son valores que non poden quedar ao marxe da escola xa que nos permiten gozar da contorna, e así despois destes días de presentación, axiña visitará as aulas o recendo dos magostos, escoitando nas nosas carballeiras a música dos ourizos que van caendo para arrequecer os nosos convivios nos centros. E seguimos aprendendo da natureza como temos que fornecer a dinámica educativa con xenerosidade a través dos nosos recursos, igoal que ela no outono nos brinda as súas froitas espontaneamente: fungos, castañas, noces..., e está a convencernos que tod@s podemos agasallar con cousas boas.

Pero tamén virán as xeadas, algúns desencontros na comunidade escolar, pero tamén nestes atrancos temos que ofrecer a ollada máis saudable. E despois o Nadal...
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES