Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A felicidade é gratuita

jueves, 19 de septiembre de 2019
Neste mundo no que se trafica con case todo, se houbera tendas que venderan a felicidade, estaríamos apañados.
¿Quen podería mercala?

Eso si:
Intentan vendernos a felicidade en cousas, viaxes, lugares…
Sempre fóra de nós.
¡Pois non!

As cousas prodúcennos momentos pasaxeiros dunha alegría máis ou menos desbordante que a veces confundimos coa felicidade.
As viaxes prodúcenos sensacións agradables naquel momento; pero necesitamos seguir viaxando…
Os lugares tamén teñen o seu encanto; pero os humanos estamos en constante movemento (físico ou mental).

Mesmo hai persoas que non disfrutan según con que cousas, nin viaxando, nin en certos lugares de encanto…

¿Por que será?
Porque:
-Se a felicidade consistira en posuír cousas; as persoas economicamente febles, estarían sempre amargadas.
-Se a felicidade consistira en viaxar, en visitar, percorrer tódolos países do mundo…Contados casos o poderían facer.
-Se a felicidades estivera nun lugar determinado…chegaría un momento no que nos aburriríamos.

A vida é como é.
Certo que a veces é como a facemos.
Todos intentamos ser felices; pero a veces buscamos a felicidade onde non está.

¿QUEN SABE ONDE ESTÁ A FELICIDADE?

A felicidade plena non existe nesta vida porque somos limitados; pero viñemos a esta vida para ser felices e para facer felices ós outros.

IMOS PADALEANDO A FELICIDADE A BOCADIÑOS:
-Cando sabemos valorar o que somos.
-Cando sabemos valorar a saúde física, mental e espiritual.
-Cando sabemos valorar o que temos.
-Cando sabemos valorar a quen temos ó noso carón.
-Cando sabemos disfrutar con pequenas cousas…

Somos os seres superiores da Creación, dotados de intelixencia, con liberdade de movementos e pensamento que temos a sorte de nacer, vivir e morrer nun dos países máis desenrolados do mundo…

Temos ó noso alcance médicos, psicólogos e sacerdotes que axudan a coidarnos cando precisamos axuda.

A INMENSA MAIORÍA, TEMOS O NECESARIO PARA LEVAR UNHA VIDA DIGNA PORQUE:

-Temos ó noso carón persoas maravillosas que nos axudan nas nosas necesidades, ás que queremos e nos queren.

-Podemos erguernos pola maña e ver a luz, as persoas máis queridas, o sol, as paisaxes, as estrelas, a lúa…

-Podemos escoita-los humanos, os paxariños, os grilos, as carricantas, o mar, o vento…

-Podemos percibí-lo cheiro das flores do xardín e tamén os das plantas silvestres…

-Podemos aloumiñar e deixarnos aloumiñar polas persoas que amamos.

-Podemos saborear productos da terra, do mar e do aire…

-Podemos disfrutar dun teito baixo o que nos refuxiamos das inclemencias atmosféricas.

-Podemos disfrutar da nosa familia, dos nosos veciños, dos nosos amigos, dos avances da ciencia e da tecnoloxía…

E POR SE ESTO FORA POUCO, OS CRENTES DISFRUTAMOS DE AMOR DIVINO NO QUE VIVIMOS, NOS MOVEMOS E EXISTIMOS.
¡Una gozada!

O que non se conforma…que pense por uns intantes nas persoas que:
-Non teñen saúde física, mental ou espiritual.
-Non teñen un fogar estable e acolledor.
-Non teñen un traballo digno para sobrevivir.
-Non teñen paz porque viven en países con guerra constante.
-Etc, etc…

O que precisamos é :
“ASENTA-LA CABEZA”

Moitas grazas polo que deixa disfrutado da felicidade que lle proporciona a vida.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Sexa feliz!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES