3. O Barcal, A espalladeira e a Urdideira
O que enredou a meada,
que saiba desénredala
3.1. O Barcal
Trátase dun trebello de madeira, de estructura poliédrica e cuadragular, distribuído en doce partes nas que se colocan os novelos.
3.2. A Espalladeira
É un artefacto de madeira, de estructura cuadrangular, que vai provisto dun mango e de doce buratos, colocados en dúas series. A súa función é ordenar os fíos dos novelos.
3.3. A Urdideira
A tea mal tecida,
ó lavala queda máis encollida.
Consiste nun instrumento de madeira, que pode ser fixo ou de parede; tamén de aspa ou xiratorio arredor dun eixe suspendido do teito. A máis común é a plana ou fixa, que esta composta duns listóns de madeira paralelos e verticais (1,90-2 metros), unidos por unha trabe de madeira duns 2,50 metros; cada un dos listóns verticais posuen vinte tornos, e a trabe tres na parte central e outros dous no flanco da dereita. A de aspa ou xiratoria, propia da Terra Cha e doutras bisbarras, esta formada de varios listóns de madeira, colocados vertical e horizontalmente; éstes están unidos entre si e xiran arredor dun eixe suspendido do teito.
3.4. Funcionalidad e uso
Nun primeiro momento hai que dispoñer os doce novelos nun caixón ou caixa de madera (carcel ou barcal). Logo compre coller o cabo do fío (costal) de cada novelo e pasalo polo correspondiente burato da espalladeira. Ao rematar a tarefa enlazanse os cabo dos fíos en dúas ordes de seis, seis arriba e seis abaixo, que tamén se atan entre si. O fío que resulta de tal unión recibe o nome de viñón ou cadillo. A continuación o extremo do viñón vaise introducindo coa axuda da espalladeira ao longo dos tornos da urdideira, cruzando os fíos e facendo cruces ata xuntar os fíos precisos para comezaer a tecer. Agora ben como o ancho corrente dos lenzos adoita levar uns 264 fíos, é mester repetir a operación na urdideira unhas 22 veces.
Informacións de fiadeiras de S. Bartolomé de Ínsua. Vilalba. Lugo
Acabo de amañar os fíos para preparar unha urdime. Metín doce novelos no caixón; metinnos pola espadela (fíos), seis por un lado, seis por outro; e ahora esto vouno pasar pola urdideira. Ben, aquí temos unha urdime acabada de sacar da urdideira. Fixemos unha restra e vamos collendoa pouco a pouco a restra pra que non se enrolle. Logo nunha das partes están as cruces, as dúas varas de cruces, que son dúas varillas planas e levamolas ata o tear para logo alí embeñar; as cruces teñen a finalidade de que non se enreden os fíos e que poidan ir todos a un (1).
Informacións de fiadeiras de Parada de Outeiro. Limia. Ourense

Colocados os novelos no caixón e coa finalidade de que non se enmarañen, faise pasar cada fío polo correspondente burato da tapa e da espaladeira. Recorrendo con eles o urdidor, irase facendo a urdime, que non é máis que un número de fíos dunha lonxitude deteminada, que colocada posteriormente no tear será a alma do tecido. Os fíos da urdime quedaran ordenados mediante dúas cruces, unha en cada un dos seus extremos. Nunha das cruces, os fíos separanse de un en un; a outrad realízase con todos os fíos xuntos, o que se denomina cadillos, que é onde se vai levando a conta o número de fíos. Atadas as cruces, retírase a urdime, facendose con ela un trenzado (2).
NOTAS:
1. CABREIROS (XERMADE). Asociación de Veciños. Video Youtube. O Lino, arte e cultura. Fiadeiras de San Bartolomé de Insua.
2. MONTENEGRO, Victoria.: O Liño. Video de Youtube. Parada de Outeiro. Limia (Ourense).