Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: O rural, outra vez

lunes, 28 de enero de 2008
Sempre os últimos. Menos en soidade e inxustizas. En marxinación e exclusión seguen a medrar. Cada vez máis illados. Non só nos soldos e pensións senón tamén en servizos. Agora, rebaixas no reparto de Correos (¿A privatizar xa?). A xente do rural pregunta: ¿de que e para quen falan os políticos? ¿En que se nota lles preocupe o rural? ¿Que resposta para aos mozos que teñen que buscar traballo fora?

Mentres eles seguen nas súas loitas de intereses persoais e de partido (¡4 anos en desvergoñada campaña!) no canto de atender a un pobo nas últimas, en agonía. Venden as mesmas promesas incumpridas para nos volver a enganar (¡xa deberiamos ter escarmentado!) mentres seguen a se subir soldos (¡aí sempre de acordo!) e a premiar con insultante "plus" aos deputados que se van.

Para o rural, sen orzamentos e futuro con verbas rumbosas "axilizarase o plan de dinamización da obra pública", "Vivenda porá a disposición 540.000 metros para 4.000 vivendas", "a Lei da Dependencia atenderá a 18.000 dependentes". ¡Que descarado desprezo aos pobres!.

Esta realidade actual soa a entroidada e a insulto á dignidade dos pequenos. Os políticos xa non se privan e andan coa cara descuberta amosando as súas vergoñas. Menten e non senten necesidade de se desculpar, de explicar os atrancos que tiveron para non cumprir o prometido e menos a carraxe de nos pedir perdón. Niso fallaron todos: ¡Goberno e oposición! Facendo real o dito: "Tanto monta, monta tanto, Isabel coma Fernando".
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES