Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enfrascado noutros deportes

lunes, 16 de septiembre de 2019
O esperpento político segue aí e aínda que a liga de fútbol volveu, eu, estes días, teño que recoñecer que vivín moito máis enfrascado no baloncesto e no ciclismo. Si, son moi deportivo, gústanme todos os deportes, e que. Polo menos estes danme moitas máis alegrías que cabreos, máis ansiedades que penas, máis emocións que pesadumes.
Enfrascado noutros deportes
O baloncesto. No momento en que escribo estas liñas aínda non sei se España será ou non será campioa do mundo. No momento en que ledes estas liñas, ó mellor botamos de contentos ou ó mellor temos aínda un certo sabor amargo na boca. Se tan só acadamos a medalla de prata tamén un servidor notará ese aquel de angustia. Pero tamén é verdade que me chega con analizar o partido de España contra Australia, coas súas dúas prórrogas incluídas, para saber o que é unha auténtica tensión, un puro sufrimento e un estouro de alegría. E se por un casual hoxe temos a medalla de ouro, deixade voar a imaxinación para intuír o que aconteceu onte ante unha televisión e logo de ver como o reloxo marcaba o 00.00 do cuarto tempo.

O ciclismo. Se o baloncesto me deu momentos de tensión, de sufrimento e de alegrías, o ciclismo tan só me dá momentos de emoción. E non emoción polo que poida acontecer, senón polo que aconteceu. Emoción de emocionarme (de chorar, que volo hai Enfrascado noutros deportesque dicir todo) ó ver como chegaba o ganador da etapa á meta. Aquí si que non me importa que o deportista sexa estranxeiro ou doutro universo. Estou con el a morte! O sábado mesmo, vendo ó esloveno Pogačar, ata eu mesmo quería que lle sacase o segundo posto da xeneral a Valverde, que é español e con todo o que lle quero a Valverde. O esloveno, con tan só 20 anos, acadou tres etapas (que se din moi axiña) e revolucionou a carreira o penúltimo día e a propia clasificación xeral. Tampouco me importa que a Volta a gane outro esloveno, Roglič (espero que non acontecese nada raro onte), porque xa digo que, para min, o ciclismo é o ciclista, sexa de onde sexa. Claro que quero que gane un dos nosos! Pero se non o fai, non quedo desgustado, como me pode acontecer ó mellor noutros deportes. Porque o ciclismo é sacrificio, é vontade, é unha continua loita contra practicamente todos os elementos. É unha gozada!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES