Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A política (des)humanizada

miércoles, 18 de septiembre de 2019
Estamos nun tempo que se empeña en polarizarse, en tecer bandos aparentemente irreconciliables que teñen a solución á realidade, unha solución que parece antagónica e que, a miúdo, non o é tanto. Cada espectro da vida política ten uns escudeiros, chamados xornalistas, que se encargan de teatralizar esta división, procurando levala á vida social. Imos, logo, á vida social e atopámonos que é ben máis saudable que a política. Nela rivais políticos poden sentarse a unha mesa e compartir un xantar, unha partida de cartas ou mesmo celebrar un evento importante na vida do contrincante político.

Isto pasoume recentemente nunha voda na que tres importantes figuras políticas locais compartiron unha longa sobremesa que rematou nunha foto. Cabe preguntarse se escalar politicamente significa perder humanidade e se a lealdade a un proxecto político implica necesariamente o afastamento da persoa que encarna o contrario. Outra pregunta importante é porque os egos políticos se alimentan desta lealdade e non chegan á verdadeira lealdade que é a que se debe ao pobo.

Quizais cómpre aprender de certos políticos municipais que, acabada a contenda
electoral, empezaban a tecer lazos institucionais que os levaban a compartir distintos actos públicos.

En todo caso, todos os representantes lexitimamente elixidos deberían fomentar a unión marcándose como un obxectivo común o pobo que delegou neles. Quizais deberan ler de novo a Curros para comprender que a unión e o diálogo son os dous piares fundamentais sobre os que fan historia os políticos de verdade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania