Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (6)

jueves, 19 de septiembre de 2019
13. Labores despois da fiada
Despois da fía na que se usaban a “roca” e máis o “fuso” comezaban os preparativos para tecer. Polo tanto, compría utilizar unha serie de aparellos denantes de que o producto chegase ao tear. Distinguimos os seguintes:

1. O Sarillo
”Sementa o home o liño, que a muller o traballa no sarillo”.

É un instrumento de madeira en forma de cruz, rematando os seus brazos nuns listóns do mesmo material, nomeados “pombas”, aos que se fai xirar arredor dun eixo. Éste vai axustado a unha peza de madeira , colocada en vertical e sostida por outra horizontal.

Denantes de usar o artefacto hai que buscar o cabo do fío dunha mazaroca (1) e anoalo a un dos listóns. Logo faise xirar “o sarillo” para que o fio vaia pasando por todos os listóns de madeira. Cando finaliza o fío dunha mazaroca, prendeselle o fío doutra, que A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (6)volve a pasar por todos os listóns, continuando o labor ata que non hai máis “mazarocas ou fusadas”. Rematado o proceso do ensarillado, “ as meas” resultantes de cor escurea cómpre branquealas. Por tal motivo hai que lavalas con auga e xabón, e a continuación deixanse secar penduradas dun tendal. Posteriormente e, xa enxoitas, introducense nun pote de ferro no que se bota auga; cinza de carballo ou de bidueira, despois de cribala; couselos (2); lestas (3); e un oso de porco. Todo isto ponse a ferver durante varias horas; logo, “as meas” son de novo lavadas e postas a secar nun tendal.

Finalmente é mester case sempre metelas nunha cesta e verquer por riba de cada “mea” auga moi quente mesturada con cinza. Cando “as meas” están brancas pasanse pola “devandoira”.

“Esta é unha afusada e estouna pasando para o sarillo para facer unha mea. Despois cribamos a cinza pa mezclala con herbas e puchos. Decían que a mellor era a de carballo, pero cando non había a de carballo tenían que utilizar a outra. Estas son lestras e estes son puchos que vamos a botar na auga cunha pouca cinza mesturada pa que cozan as meas aí ben cocidas pa que ablanden ben. Bueno ahora poñemosla ao lume con auga fervendo e ahora botamoslle unha mestura de herbas, lestras, puchos e cinza. E ahora cocen as meas un pedazo e quedan aí hasta mañá pola mañá. Pola mañá está a auga fría e despois de cocer las meas, clareamolas, lavamolas e poñemolas a secar” (4).

2. A Debandoira (5)

“Non deixes xogar ao gato co novelo
nin ao neno co coitelo”.


Este trebello está formado tanto na parte superior como na inferior por dous brazos de madeira en forma de cruz (6). Éstes, colocados nunha posición horizontal, son iguais e A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (6)están unidos entre si por medio de catro garabullos, que dan voltas arredor dun eixe perpendicular (7). Éste posúe como soporte un madeiro poliédrico e cuadragular, sostido por unha peza de madeira de forma variada; ás veces, o madeiro está incrustado no medio dun caixón, que lle sirve de sostén ao aparato. Pola parte posterior dos “garabullos” (garabatos) introducese unha mea, na que se busca o cabo do fío, e vaise [enredando nun carrabouxo (bugallo) (8). Deste xeito vanse realizando “os novelos”, que contén “unha mea” (meada) e que se deixan no caixón da debandoira cando o posua.

“Estou debanando as meas que antes se lavaron e se clarearon, a poder ser no mes de marzo xa que sale o liño máis claro” (9). “Logo de lavar, metese na pota sen herbas. Despois volvese a lavar, a dar voltas ata que blanquee pra despois facer os novelos coa axuda da debandoira” (10).

NOTAS:
1. Porción de fío enrolado no “fuso”. Tamén “fusada”.
2. Planta de raiz vivaz, pertencente á familia das crasuláceas; medra no valados vellos, tellados; ten os talos ramosos e florece en maio e xuño; tamén recibe o nome de “orella de frade” e “embigo de Venus”.
3. Planta perenne cunha soa cana, follas sen pelos (só xunto á lígula que é oblonga). Atópase en estado salvaxe e tamén cultivada para forraxe. Coñécese asemade como “herba campla”, “herba ballesta”, “lesca” e “lestre”..
4. Muller de San Bartolomé de Insua (Vilalba).
5. Tamén recibe o nome de “argadelo”.
6. Nalgunhas bisbarras como a Terra Chá, a debandoira só está provista de dous brazos de madeira en forma de cruz, que teñen nos seus extremos uns garabatos colocados en vertical.
7. Nalgunhas comunidades recibe o nome de “espigo”
8. Anaco de carozo.
9. MONTENEGRO, Victoria.: O Liño. Video de “Youtube”. Parada de Outeiro. Limia (Ourense).
10. MONTENEGRO, Victoria.: O Liño. Video de “Youtube”. Parada de Outeiro. Limia (Ourense).
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES