Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que nos transfiran Correos

lunes, 28 de enero de 2008
Andan os nosos políticos a voltas coas transferencias de Tráfico, por entender que desa maneira queda máis completa a nosa autonomía e autogoberno.

Ninguén pediu ata agora a transferencia de Correos, e alguén debera preocuparse.

En tempos, Correos era o servicio máis prestixiado e funcionaba coa puntualidade dun reloxio. Ninguén se preocupaba da súa rendibilidade económica. Era rendible socialmente.

Apareceron as empresas de transporte urxente, e Correos esmoreceu. Deixou de ser un servicio explotado directamente polo Estado e funciona como unha empresa privada. Xa non é o que era.

En Galicia imos ter unha boa proba cando entre en vigor a última disposición, que está moi ben para Castela ou Andalucía cos seus núcleos ben determinados pero para Galicia, con miles de núcleos habitados, non parece lóxico nin xusto.

Os carteiros xa non irán polas casas senón que se construirán buzóns colectivos onde os veciños irán recoller as súas cartas. Non perigan os postos de traballo dos carteiros, pero traballarán menos, xa que só repartirán a domicilio as cartas certificadas.

Se as transferencias autonómicas se reciben para mellorar os servizos e achegalos ós destinatarios, o de Correos ímolo precisar como auga de maio. Que nolo transfiran, pois. Agardamos que algún político se faga eco deste tema, que nas zonas rurais é vital, e o rural en Galicia aínda ten o seu peso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania