Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

III Recital de Poesía en Feminino en San Sadurniño

sábado, 14 de septiembre de 2019
A NPG Nova Poesia Guitirica organiza o III Recital de Poesía en Feminino en San Sadurniño

Apuntade xa mesmo esta data: sábado 21 de setembro. Ese día a partir das 17.00h. temos unha cita coa poesía amadora de vangarda no III Recital de Poesía en Feminino organizado pola Concellaría de Igualdade, ao que asistirán 27 creadoras e creadores de San Sadurniño pero, sobre todo, doutras partes de Galicia. Na súa maioría adscríbense a movementos consolidados, como In nave civitas/ urbano Lugrís Nomades do III Recital de Poesía en Feminino en San Sadurniñoverso/Antón Borrazás, a Irmandade poetica luso-Galaica ou a NPG Nova Poesía Guitirica, aínda que tamén acudirán representantes doutros de recente creación, como o colectivo Moraima xurdido en Fene. Será un encontro co que reivindicar tanto a literatura e a oralidade do sentimento como o rol feminino na arte das letras e en calquera outra faceta da vida que, ademais, contará coa ambientación musical das violonchelistas locais Inés e Irene Arroyo.

O departamento municipal de Igualdade leva tres anos promovendo o seu encontro poético co que darlle voz a poetas que avogan polo verso reivindicativo, polo berro sentido contra os desequilibrios da sociedade e, nomeadamente, contra o patriarcado que o segue tinguindo todo, tamén a creación literaria. E como cada ano desde o seu inicio encarga a organización ao grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica, grupo activo e consolidado criado a partires da desicatória das letras galegas ao poeta vilarego Xosé María Díaz Castro.

Este ano a cita fixouse para o sábado 21 de setembro e a ela acudirán representantes de varios colectivos que teiman na poesía amadora como xeito de expresión, malia ser este o xénero literario con menor visibilidade ou, dito doutro xeito, cunha maior dificultade para chegar ao grande público.

Males menores que, porén, se ven compensados por unha liberdade case absoluta de estilos e formatos que non se pode atopar na prosa, no teatro nin en ningunha outra arte. A poesía sae de dentro de cadaquén sen imposturas. É o que se sente feito verbo, unha porta que se abre de par en par no peito de quen escribe para deixarnos entrar no seu ser, no seu pensamento, acadando unha significación aínda maior cando é a propia autora ou autor quen recita os seus poemas.

E, en San Sadurniño, teremos todo iso xunto nun encontro que terá lugar na Casa do Concello, concretamente no seu patio interior no Pazo da Marquesa se vai bo tempo e, se non, na Casa da Cultura. A relación de participantes chega a 27, procedentes de Fene, Ferrol, A Coruña, Pontevedra, As Pontes, e toda a zona da Terra Chá. Na súa maioría trátase de poetas que comparten intereses temáticos e creativos en colectivos como a Nova Poesía Guitirica, Moraima -nacido en Fene a raíz dun curso de escritura da AELG- ou In nave civitas/Urbano Lugrís entre outros.

Son Mariola Hermida, Loreto de Castro, Teresa Ramiro, Alberte Momán, Luís Mazás, Antom Laia, Miguel Queipo, Moncho Bouzas, Clara Blanco, Emilia Martínez Fuentes, Pilar Maseda, Branka Villar, María Xosé Lamas, Luz Airado, Raquel Díaz Seijas, José Carlos Ulloa, Sonia Mauriz, Ramiro Vidal Alvarinho, Ánxela Gracián, Maribel Serantes, Esther Val e Asun Blanco, quen compartirán declamacións coas poetas locais Alba Rivera, Ángela Arnosa, Consuelo Picos e Nerea Calvo, xunto co poeta de Moeche Alfonso Venancio.

A sesión terá tamén parte musical, da que se encargarán as irmás Inés e Irene Arroyo Orro, veciñas de Igrexafeita e excepcionais violonchelistas que lle sacarán o máximo partido ás partituras e á acústica do patio interior do Concello. O III Recital de Poesía en Feminino presentarao Ana B. Gundín, titular da área de Igualdade, e Antón Tenreiro, coñecido no mundo poético como Antón de Guizán membro da NPG Nova Poesia Guitirica.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES