Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (5)

jueves, 12 de septiembre de 2019
11. O Restrelo
O seguinte paso consiste en asedar o liño. Polo tanto, úsase o restrelo, consistente nunha táboa de madeira, que amosa molduracións cóncavas e convexas e que leva cravados na A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (5)súa parte superior uns dentes de ferro -uns máis grosos e afastados e os outros máis finos-.

As persoas encargadoas deste labor pasan as estrigas do liño, unha a unha, por estes dentes de ferro, espetándoas niles e puxando ata acadar que as fibras queden ben alisadas e libres de asperezas. Nos dentes do restrelo vai quedando a estopa, que se retira a un lado e que logo se emprega non só para realizar un tecido máis basto, senón tamén para outros usos: tapar os billotes das cubas e dos toneis; pechar as fendas dos recipentes de madeira misturándoa con sebo, calafatear as embarcacións… Logo de asedar unha estriga, tórcese e doméase á metade, tomando entón o nome de manela. Cando un conxunto delas pesa libra e media, átanse nun feixe, que recibe o nome de meada. Así mesmo da estopa fánse uns rolos, que se chaman manelas ou meados, que se gardan separados do liño e que xa están dispostos para ser fiados. Esta angueira é levada a cabo polos membros da casa nos seus tempos libres.

Niste intre, temos xa o liño disposto para ser fiado, logo de nos dar unha serie de A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (5)subproductos: tomentos, tascos, estopa e liño, sen contabilizar a liñaza e o coaño (1).

12. A fiada
Para fiar o liño as mulleres utilizaban as rocas e os fusos. A roca, realizada normalmente con madeira de amieiro, bimbio ou sanguiño, consta de dúas partes: a vara e o recó; a primeira é unha cana larga e delgada, que vai dende a cintura ata o ombro da muller, que fia; o reco, situado na parte superior, amosa unha cabeza, ben fixa ou postiza, de diversas formas; hai rocas ornamentadas con debuxos geométricos en varias cores, mostras importantes da arte popular. O fuso tamén é un aparello de madeira de foma cónica, que presenta un vértice de ferro ou de madeira, segundo se use para o liño ou pará a lá; na parte inferior acostuma levar unha arandela de madeira, oso ou ferro, para evitar que se deslice o fío consonte se vai envolvendo.

Para fiar o liño a muller deselvolvía inicialmente unha manela e envurullabaa ao redor do recó; logo introducía a canivela da roca, no lado esquerdo, pola fita do mandil; coa man dese lado ía collendo as frebas namentres que coa man dereita tiraba do fío ata extraer dúas cuartas de longo; entón suxetabao no fuso e o fio íase retorcendo e envurullando a él. A fiandeira, para retorcer o fío, facía xirar o fuso entre os dedos pulgar e índice da súa man dereita mentres que coa esquerda seguía sacando as frebas, que se fiaban. Cando se fixo unha certa cantidade de fío, envólvese á parte media do fuso e séguese deica o encher de fío. Ao rematar de fiar unha manela extraese do fuso o fío todo xunto, e así resulta unha mazaroca (2). Por outra banda, aínda que nalgunhas casas usaban rodas de fiar, sen embargo a utilización do fuso fíxose bastante extensiva xa que costaba menos, e ademais podía empregarse mentres a muller levaba a cabo outras tarefas: vixiar o gando, preparación do xantar, reparar na propiedades, etc...

Cando a fiada tiña un carácter comunitario, entón o dono da casa dáballes unha cea ás mozas, que interviñan no labor, e adoitaba poñer á cociña ou ben outro espazo da casa para que houbese troula.

NOTAS:
1. LORENZO, Xaquín.: Os Oficios, Vigo: Galaxia, 1983, páx. 236.
2. LORENZO, Xaquín.: Os Oficios, Vigo: Galaxia, 1983, páx. 241.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES