Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agradecemento ás amistades

jueves, 12 de septiembre de 2019
A inmensa maioría das persoas temos amigos: estamos rodeadas de amigos, afortunadamente.

Hai amigos que tamén son veciños, pero tamén hai amigos que están físicamente lonxe.
Hai amigos da mesma profesión, pero tamén de profesións diferentes.
Hai amigos da infancia, amigos da xuventude, amigos de nova incorporación…
Hai amigos dunha idade e amigos de idades moi diferentes.
Hai amistades coas que se teñen moitas cousas en común; outras que son diferentes pero saben respectar
Tódalas amistades son boas porque todas nos enriquecen.

OS AMIGOS SON PERSOAS NAS QUE CONFÍAS:
CÓNTASLLES A TÚA VIDA; ELES CÓNTANCHE A SÚA.

As amistades:
-Hai que cultivalas con moito cariño.
-Hai que querelas.
-Hai que axudalas nas súas necesidades.
-Hai que telas no pensamento.
-Hai que levalas no corazón.
-Hai que dedicarlles tempo.

AS AMISTADES SON UNHA PEZA MOI IMPORTANTE NAS NOSAS VIDAS.
As amistades fan por nós cousas que non hai cartos no mundo que as paguen.
Por eso hai que estarles moi agradecidos, MOI AGRADECIDOS.
Non importa que pensen diferente que nós en certos aspectos:

¿QUEN SABE SE SOMOS NÓS OS QUE VIVIMOS ENGANADOS?

Tódalas persoas pensamos de xeito diferente, porque todos somos diferentes.
Nesa diferenza está a riqueza de compartir o mellor da cada un cos outros.
SE TODOS NACEMOS DIFERENTES É PORQUE CONVÉN QUE ASÍ SEXA.

Cando temos diferenzas importantes sobre algún tema podemos optar por:
-Dialogar por se podemos poñernos de acordo.
-Non tocar o tema se non é imprescindible.

Temas moi delicados son: a política, a relixión e o fútbol.

Danse moitos casos de ter diferenzas políticas ou relixiosas entre os membros dunha mesma familia e tamén entre amigos.
Nestes casos o normal sería o respecto mutuo; pero o que nunca falla é non tocar eses temas.
¿Por qué?
Porque a fin de cotas o que máis nos convén a todos é te-la festa en paz. VIVIR EN PAZ.

Vivir en paz tampouco é moi doado, porque quen máis e quen menos todos temos algo de testarudez.
Hai persoas moi testarudas que son desa maneira por días de vida.
Eso é unha verdadeira pobreza.

Dámonos conta cando esa persoa pasa á otra vida.
Non sei por que; pero é cando facemos una voloración da súa vida e comprobamos que:
“BENS MATERIAIS, MANÍAS E IDEOLOXÍAS FANÁTICAS SON COUSAS INTRANSCENDENTES”.
O verdadeiramente transcendente é o ben, o amor, a paz, a bondade, a xenerosidade… que deixemos sementada no corazón das persoas coas que nos toca compartir a vida de cada día.

AS AMISTADES SON ESAS PERSOAS QUE DEIXAN UNHA PEGADA MOI PROFUNDA NOS SUCOS DOS NOSO SER INTERNO E RECORDÁMOLAS CON MOITO AGRADECEMENTO TODA A VIDA.

Eu teño moito que agradecer.
Pido para tódalas miñas amistades que Deus as colme de bendicións; para que sexan moi felices.

Porque: “A FELICIDADE É GRATUITA”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a vostede amigo/a que tivo a ben terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES