Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Casas do maior, unha necesidade

miércoles, 11 de septiembre de 2019
Están abrindo en distintos concellos de Galicia casas do maior, unha boa nova para os que agardábamos e reivindicábamos servizos intermedios que axudaran aos coidadores familiares a sobrelevar a carga do coidado. É un servizo que contribúe á conciliación da vida familiar sementando emprego directo e indirecto; ademais, contribúe ao necesario respiro familiar dos coidadores familiares que, moitas veces, se ven na obriga de asumir 24 horas de atención.

Estes servizos supoñen unha contribución a reducir a brecha entre o rural e a cidade, un intento de paliar o desagravio histórico que sofre o mundo rural. A pesar de que falta moito, non está mal empezar por aqueles que viviron tempos duros e souberon traernos ata este porvir. As casas do maior son unha cuestión de xustiza social que, ademais, teñen a función de seguir mantendo relacións de amizade e veciñanza no propio entorno. Supoñen, polo tanto, un avance respecto ás residencias que desarraigan á persoa.

Temos que tomar consciencia do difícil que é coidar e do difícil que é asumir que un ten que ser coidado. Neste sentido, resulta esencial socializar o problema de xeito que tanto o coidador como o coidado sintan o apoio do seu entorno. Pasar unhas horas fora da casa enriquece xa que dános a oportunidade de manter ou facer amizades, alén de exercitar a memoria a través da historia colectiva ou de determinados xogos.

É desexable que todos os nosos maiores teñan preto e accesible este tipo de servizos que contribúen a un envellecemento activo e, máis alá do mesmo, a dar un sentido pleno á recta final da vida.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES