Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miro Casabella na capela do San Alberte, atendendo ao seu amigo

miércoles, 11 de septiembre de 2019
PARA ALFONSO BLANCO TORRADO

A manivela da zanfona
é a roda dun carro
que vén entrando polo Medioevo
e os harmonios roncando
na gravedade do roncón das horas . . .
e nós, mendicantes, pedindo
e recollendo sentimentos coas mans abertas.

A alma de Miro Casabella
sae en tiples agochados,
en coros de xerarquías celestiais
e anxos que se expanden
pola ábsida cruzamentada
“atendendo ao seu amigo”,
na ermida do San Alberte,
“atendendo ao seu amigo”.

Na ermida do San Alberte,
na ermida do “meu país”
chouta a voz da fontana florida,
do cano da auga límpida,
do cano da luz primorosa,
en caramelos melancólicos
nos acordes do “meu país”,
“atendendo ao seu amigo”,
na ermida do San Alberte,
“atendendo ao seu amigo”

Tristeza na ponte
e nos vieiros inacabados,
e o noso corazón nun puño.
Lévannos os sons “ás noites de invernía”
e ás corredoiras de vagar,
“no meu país”
e na capela do San Alberte
“atendendo ao seu amigo”

(Poema escrito por Xosé Otero Canto, o 30-06-2019, na ermida do San Alberte, escoitando cantar a Miro Casabella en homenaxe a Alfonso Blanco Torrado)
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania