Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Circular sen seguro

viernes, 25 de enero de 2008
A técnica, a electrónica, a informática, son elementos dos que bota man a nosa sociedade para facer máis cómoda a vida, para alixeirar trámites e traballos, automatizar procesos repetitivos e contribuir ó control cada vez maior de determinadas interioridades da poboación.

Referíndonos ó tráfico, polo que se conta, cada parella da garda civil que patrulla as nosas estradas conta cun ordenador para que cando se levante acta –vulgarmente coñecida como multa- os datos queden rexistrados na central nacional de Tráfico, co que non hai volta atrás na instrucción e automaticamente quedan enlazados cos antecedentes que vehículo e conductor teñan.

Entendiamos, pois, que coa dotación personal e técnica que a Xefatura Central de Tráfico ten, canto ocorre nas nosas estradas quedaba automaticamente rexistrado para constancia e proceder en consecuencia.

E a pesar de todo esto, resulta que hai catrocentos mil vehículos circulando por toda España que non contan co correspondente seguro obrigatorio para no seu caso poder responder de calquera dano que se produza coa súa intervención.

Dos catrocentos mil vehículos, o ano pasado máis de quince mil víronse afectados por algún accidente, resultando irresponsables porque non existe compañía de seguros que se faga cargo dos danos.

Agora – parécenos tarde, pero alomenos afróntase- unha dotación de doce vehículos (un deles, na provincia da Coruña) da Xefatura Central de Tráfico buscará coches sen seguro. Tomará nota das matrículas, confrontará os datos co ordenador central, e no caso de que o vehículo circulara sen seguro pasará aviso á patrulla correspondente.

Parece como se ata este momento o tema non preocupase abondo cando a situación é dramática. Máis vale tarde, se agora se vai remediar. Circular sen seguro debe resultar moito máis caro que cando se viaxa con todas as da Lei.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES