Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Félix Ferreiro Currás in memorian. Un galego que se fixo asturiano

martes, 10 de septiembre de 2019
Esta colaboración de hoxe, se o director ten a ben incluíla en Galicia Dixital, dedícolla a meu irmán, Félix Ferreiro Currás que morreu este verán en Oviedo. Sabíamos do seu traballo no ensino e na política social que desenrolou en Asturias, mais sorprendeunos gratamente a estima en que os asturianos tiñan a Félix pola demostración nas exequias do seu enterro, e nas reportaxes dos medios de comunicación asturianos sobre o seu traballo desenrolado en Asturias. Desde os anos sesenta a súa vida profesional exerceuna sempre en Asturias. Foi un galego que se fixo asturiano e exerceu de asturiano

Como galegos estamos orgullosos de que Félix, sen desprezar as súas raíces maternas de Galicia, ou mesmamente por iso, se fixese profundamente asturiano, pois chegou a formar parte da Academia da Llingua Asturiana e traballar na cultura popular do “asturianu”. Ten estudios sobre o “asturianu” e textos en galego-asturianu, é autor do “Diccionario básicu de la llingua asturiana” Compuxo unidades didácticas da llingua, fixo o manual Reciella, o primeiro libro de texto do asturiano. Foi un dos promotores, en 1989, da revista “Rei Llagartu”, dedicada á literatura e á arte con sona a nivel nacional durante máis dez anos de vida. Foi xefe de Política Llingüística do Principáu e tamén xefe do plan rexional de Drogas. Este traballo supúxolle un premio de la Orden al Mérito del Plan Nacional sobre Drogas, no ano 2008. Para a súa familia é un inmensa satisfacción esa pegada, “güella”, xa indelébel que deixou en Asturias

Nas vacacións disfrutaba coa familia falando galego, “que mal sonaba –dicía- falar coa mamá en castelán”. Como experto no tema da llingua eo-naviegu ou o astur-leonés-galego, daba pé para discutir sobre a alternancia do galego en Asturias ou do asturianu en Galiza. Ocasión oportuna para impartir a su lección sobre filoloxía de ese tema.

A miña relación persoal con Félix, ademais de fraterna, en todos os sentidos da palabra, achegoume á historia de Asturias, e en concreto á Memoria Histórica. Na Casa do Pobo de Oviedo organizou a presentación do meu libro Consejos de Guerra contra el Clero Vasco 1936.1944. Xa antes proporcionoume a entrevista con Domingo Benavides, un sacerdote asturiano, historiador, falecido tamén hai pouco, e xa desde aquela amigo de corazón quen me encamiñou ao encontro de Maximiliano Arboleya, sacerdote que loitou por facer que a Igrexa vivise os problemas de mundo obreiro onde el se movía con prestixio e comprometido nos momentos críticos da República. Durante a guerra civil sufriu persecución e morreu no ostracismo na súa casa de Mieres en 1951.

Aproveito esta ocasión para deixar patente a miña admiración de este sacerdote. Deixou un interesante arquivo do que Domingo Benavides sacou a súa tese doutoral como historiador Fracaso social del catolicismo español e outros libros como Maximiliano Arboleya un luchador en las dos Españas, libros indispensábeis se un quere coñecer ben ao dereito os sucesos de Octubre de 1934 e a Igrexa desa época.

Aínda teño que engadir o interese con que Félix seguiu o encontro de Redes Cristianas celebrado en Gijón, antes do Nadal do ano pasado, coa homenaxe no cuadraxésimo aniversario da morte en Nicaragua do sacerdote asturiano Gaspar Garía Laviana.

Quédanos tamén a súa memoria enraizada nos seus amigos e amigas, e sobre todo na súa viúva Marta e filla Silvia no traballo do ensino, e dos fillos, Marcos na gandería como veterinario precisamente en Galiza e Nel, o seu predilecto, na música.

Félix na nosa memoria sempre.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES