Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non perder moito

viernes, 06 de septiembre de 2019
Pode parecer que a falta de goberno é un desgoberno, e se esto pode ser verdade na expresión coloquial, no mundo da política non é así, aínda que se lle parece un pouco.

O goberno dun concello, comunidade ou estado, garante o seguimento dunha línea de acción, cos poderes que a Constitución ou o conxunto de normas establezan, e de acordo co ideario político votado polos cidadáns nunhas eleccións libres.

Nós cumprimos todas as condicións previas: temos compilación lexislativa, Estatuto, Constitución; celebramos eleccións libres, e o resultado foi moi claro.Tan claro que algunha forza política considera que os votantes queren un goberno da súa cor, cando os cidadáns expresáronse nunha pluralidade tal que ningunha forza en solitario pode gobernar, así que o que ocorreu foi que os votantes decidimos que se poñan de acordo para gobernar un pais que necesita un goberno definitivo e non provisional, coas mans atadas en numerosos asuntos vitais.

Estamos nos últimos tempos de posible dialogo de forzas nunca afíns, aos que só une o desexo de poder, onde un tira e afloxa vai marcar os próximos catro anos, no que estamos coa alma nun puño agardando saber de quen vai depender o futuro inmediato, se dos independentistas que non cren no estado, se dos que non cren na política tradicional, se de cómo soplen os ventos que zoan na Moncloa, producindo engaiolantes músicas celestiais.

A estas alturas, a ameaza principal é a de que se poden repetir as eleccións porque non se dean posto de acordo. Todas as forzas políticas renegan da fórmula, e non de extrañar por se nas eleccións nos da por axustarlles as contas aos nosos representantes facilitándolles a
solución que eles non dan atopado.

Se os votantes o fixemos tan mal que non se consegue ningún resultado, que nos deixen falar de novo en novembro, a ver se votando temos máis xuizo ca os políticos; e se non son quen de poñerse de acordo, nós lles solucionamos o problema.

Pero pola conta que lles ten ben seguro que, no último minuto, serán capaces de poñerse de acordo, recortando apetencias e adornando apaños, de maneira que pareza que todos ganan, e confiando que os votantes teñamos a impresión de que polo menos non saímos perdendo moito.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES