As compañías arrastran
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de septiembre de 2019
O ambiente pesa moito na vida das persoas; sobre todo na vida das persoas que aínda non teñen a madurez suficiente para saber discriminar entre o que convén e o que non convén.
As persoas que nos rodean configuran en certa medida a nosa personalidade.
Desde ben pequenos necesitamos ter amigos.
Empezamos, principalmente, cando nos incorporamos á escola porque é alí onde nos encontramos por primeira vez con persoas da nosa idade, persoas que teñen máis ou menos os mesmos intereses que nós.
Pouco a pouco imos sentindo máis empatía cunhas persoas que con outras.
Cada persoa busca acompañarse de persoas coas que comparte a súa maneira de pensar e de actuar.
Conforme imos medrando, as amistades vanse seleccionando.
Cando as amistades son duradeiras e verdadeiras, o seu peso é incalculable.
Sexan como sexan, as amistades exercen moita influencia nas nosas vidas; sobre todo na infancia e na adolescencia.
A adolescencia é esa etapa na que unha criatura pode coller un camiño ou outro, según as compañías que teña.
A veces, as amistades arrastran positivamente e outras negativamente.
Por eso na adolescencia, a familia ha de vixiar dun modo moi especial.
Porque xa din alí:
Dime con quien andas y te diré quien eres
Se un adolescente se acompaña de boas compañáis xa ten moitas posibilidades de ir polo bo camiño.
Se acompaña de outras de conducta desviada
cabe a posibilidade de que caia na tentación
Caer na tentación é moi doado.
Non é que os adolescentes sexan malas persoas, non.
O que pasa é que hai adultos sen escrúpulos que se dedican a facer negocio á conta desta rapacería e non lles importa nada botala a perder.
Persoas con maldade, hainas; pero tamén abundan persoas maravillosas cargadas de bondade, xenerosidade, altruismo
persoas excelentes.
Dese tipo de persoas depende a boa marcha da vida de cada día.
Cando temos a oportunidade de rodearnos de persoas destas características, é como se nos tocara a lotería.
AS AMISTADES SON A FAMILIA QUE NÓS ELIXIMOS.
DEBEMOS CULTIVALAS SE QUEREMOS CONSERVALAS.
As amistades verdadeiras son duradeiras.
Hai amistades que duran toda a vida.
UNHA BOA AMISTADE É UN TESOURO.
Somos moi afortunadas as persoas que temos amistades.
Temos moito que agradecerlles.
Mostrarlles o noso agradecemento é un deber.
AGRADECEMENTO ÁS AMISTADES
Este será o titulo do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora