Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Guitiriz Vila Termal?

miércoles, 04 de septiembre de 2019
Cando un chega ás proximidades de Guitiriz, pode ver nas estradas grandes letreiros co lema "Guitiriz Vila Termal" e outra sinalética vertical que indica a dirección do balneário hotel na parroquia de Lagostelle, capital do concello.

Efectivamente Guitiriz é o concello da pedra e da auga. Contou en tempos con dous importantes balnearios, o de Pardiñas, e o de Lagostelle que desde hai dous anos sigue pechado tamén. Fontes e regatos con propiedades caracterizan a Guitiriz.

En concreto as propiedades das aguas da fonte de San Xoán de Lagostelle, descubertas a comenzos do século XVII, foron recoñecidas en 1902. O hotel está levantado sobre un edificio de comenzos do século XX, obra do arquitecto Juan Álvarez de Mendoza, que mantén a súa estructura orixinal. Conta con máis de 100 cuartos e foi reaberto en 2002.
Hai dous anos fechou, quedou en situación de abandono e padeceu diversos roubos e expolios.

Sen ánimo de reincidir na situación que xerou o seu peche definitivo, o expolio e abandono físico e tampouco no reparto de responsabilidades (hainas) da súa esperpéntica situación, si que é unha obriga coñecer a súa situación e que as diferentes administracións inicien as xestións para devolver o edificio ao seu uso. O Balneario de Guitiriz, máis aló dun negocio que precise rendabilidade, é un motor económico para o concello de Guitiriz, unha referéncia turística para a Terra Chá e outro activo na rede termal de Lugo e Galiza.

Localizado nun lugar ben comunicado por estrada, co camiño norte de Santiago ao pé, a poucos kilómetros de varias cidades importantes e de dous aeroportos, resulta incomprensíbel a actual situación deste complexo hoteleiro e termal.

Non se entende Guitiriz sin o seu balneário e polo tanto o novo goberno local, en alianza coa Deputación Provincial, deben sumar esforzos para reclamar aos actuais propietarios e á Xunta de Galicia as medidas e apoios necesários para a súa venda en concdicióna razonábeis para o seu uso hoteleiro e termal no menor tempo posíbel. Esa debería ser a prioridade en Guitiriz unha vez comprometida a construcción do novo centro de día da Casa da Botica, ese "proxecto estrela" do pasado mandato.

E neso, como en outros asuntos de interese xeral para o concello, tódalas forzas políticas deben estar unidas e ser partícipes primeiro da información e despois das accións que se leven a cabo nesa tarefa.

Guitiriz ten multitude de atractivos no seu patrimonio natural, arqueolóxico, reljxioso, cultural e inmaterial pero precisa da súa sinal identitaria e de dotación hoteleira de calidade para convertir eses atractivos nun importante xerador de emprego e economía, nun motor de progreso. Debe traballar para recuperar pateimonio deteriorado e estar preparado para ese Xacobeo que está ás portas e que eses letreiros das estradas que poñen Vila Termal sexan unha realidade novamente e que os anuncios do balneario non conduzan a unha grande ruína.

Queremos que Guitiriz volte a ter aberto o Hotel-Balneario e que sexa real o que anuncian eses letreiros das estradas.

Póñanse a elo e tod@s o agradeceremos.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES