Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mirando cara atrás

jueves, 29 de agosto de 2019
En Redes, os castrexos repelen o ataque dos romanos, debilitados por celebrar antes de tempo a victoria sobre os naturais do país, do mesmo xeito que en O Vicedo presumen de que os viquingos –aos que fixeron festa- nunca deron pasado da praia no seu desexo de facer rapiña conquistadora naquel territorio.

En Ribadeo celebran festa Indiana, co xusto desexo de honrar a todos os emigrantes que volveron para construir historiadas mansións que acreditasen ter triunfado máis aló do mar, mentras en Monterroso, cando comeza a forza do verán, celebran a Festa dos Bicos para facer memoria do tempo no que os que volvían de fóra e os que que aquí quedaran festexaban volverse a ver despois de todo un ano. E en Viveiro celebran o desembarco na cidade de Carlos V, o rei emperador que da nome á porta principal da vila. E temos festas e feiras medievais, e do pasado romano, e do Renacemento, mirando cara atrás sen ira como quería o inglés Jhon Osborne. Porque o pasado danos innumerables motivos que celebrar ou reivindicar, feitos ledos ou tráxicos, que foron conformando a nosa historia.

Agora, se miramos arredor, non somos quen de atopar motivos especiais que celebrar, quizais pola inmediatez dos feitos, tal vez pola pequenez dos temas, das olladas, dos obxectivos, dos feitos. Porque temos a percepción de que estamos rodeados de medianía, de decrepitude, de conformidade, de incultura e de pobreza.

Non é extraño que as celebracións miren para o pasado, fuxindo do presente. Que celebraremos no futuro?. Algo haberá que inventar para non seguir acreditando que calquera tempo pasado foi mellor.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES