Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Retraso en Sanidade

miércoles, 23 de enero de 2008
Un dos servicios primarios que máis avanzou en Galicia nos últimos anos, foi o da asistencia sanitaria, Sanidade se atendemos á estimación xeral. Porque se a atención se produce cando hai algún problema, a Sanidade en conxunto abarca moito máis, especialmente a creación das condicións ambientais e sociais que permitan unha melloría paulatina da saúde.

A extensión da asistencia sanitaria á práctica totalidade dos galegos, a mentalización adquirida por nós do dereito a unha cada vez mellor atención, a preocupación xeral pola saúde, fixo tremendamente complexo un mundo novo no que cada día se atende un maior número de necesidades.

E por moi elevada dotación económica que se destine
a este mundo novo, para financiar infraestructuras, medios materiais e humanos, sempre haberá un escalón de diferencia, porque as necesidades van por diante, e o labor da administración será o de ir atendendo as demandas en continuo crecemento dos galegos.

A cuantificación deste escalón ven representarse polos días que hai que esperar para poder ir a un especialista e, de xeito máis ostensible, polo que hai que agardar para ser operado. Segundo a Consellería de Sanidade a demora media a finais de 2007 ven ser de 84 días, téndose reducido en 37 nos últimos dous anos, e advirte que cada vez vai ser máis difícil reducir estas cifras, se ben aínda hai importante diferencia coa media da sanidade nacional, que se cifra en 70 dias.

Son case 227.000 galegos os que neste momento están agardando por unha consulta, destacando Ofatlmoloxía, Xinecoloxía e Traumatoloxía como os servicios máis demandados.

Cada retraso é un problema, cada día de espera é un argumento en contra dunha sanidade ateigada de esforzos personais e colectivos. Reducir retrasos é dar solución a pequenos dramas diarios sufridos polos galegos situados en inferioridade de condicións. Os retrasos en sanidade deben ser obriga primordial da administración sanitaria e da administración xeral.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania