Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Valores europeos á deriva

miércoles, 28 de agosto de 2019
Co Open Arms permaneceron á deriva os nosos propios valores, é dicir, os valores da Europa que se repuxo ao Nazismo para reconstruírse libre, democrática e social. Esa Europa ceibe levantada sobre os alicerces do "nunca máis" acolle hoxe no seu seo herdeiros ideolóxicos da barbarie; ben camuflados nas formas e na linguaxe mais non nos feitos.

Dende as institucións utilizan a solidariedade e o dereito fundamental á vida como lles convén e para o que lles convén. "Primeiro nós", din. O que non din é o grao de culpa que temos nós na terrible situación que vive quen, sen nada, se bota ao mar. Non se podía, dicían, proporcionar porto seguro a náufragos porque fai efecto chamada. Europa desenténdese. España soa non pode. Evitar o efecto chamada semella estar por riba do dereito á vida. Argumentos, opinións, datos, debates e discusións mentres naufraga a Europa solidaria deixando emerxer a súa historia máis cruel.

Se o Open Arms naufraga terémonos que preguntar se a Europa solidaria e democrática é real ou se aínda é un soño.

Repito: Co Open Arms permaneceron á deriva os nosos propios valores. A conclusión de todo isto é moi sinxela: sen co-desenvolvemento non existe mundo sostible. A fame bota á xente ao mar, a única solución é procurar que África faga transicións á democracia e que con elas instaure un sistema económico sostible. Non pode ser que, onde hai recursos non haxa benestar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania