Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia e a bolsa

martes, 22 de enero de 2008
A bolsa é un termómetro. Se hai alegría económica, a bolsa sube coma unha tola, recibindo investimentos, inflando cotizacións, subindo ós altares a unhas accións que só deberan ser a imaxe que as respectivas empresas proporcionan ó exterior.

Pero a bolsa non pode sustraerse ó ambiente dun país, e en moito maior medida ós paises poderosos do contorno, e de xeito definitivo a Wall Street, de maneira que se un día ocorre coma onte –luns- que estivo pechada por festa a bolsa neoiorquina, falta das últimas referencias, a española non puido facer outra cousa que desplomarse de xeito estrepitoso.

Xa días anterios sentimos colectivamente pena polo todopoderoso dono de Zara que veu reducido o valor teórico da perla do seu imperio – Inditex- en cinco mil catrocentos millóns de euros, como nos doemos por ser galegas de Zeltia, Fenosa e Pescanova que experimentaron perdas cuantiosas das que desexamos se recuperen polo ben de todos.

Galicia está arredada da bolsa. Aquí non hai bolsín, pero somos tan sensibles como calquera ó que está ocorrendo en Madrid e no resto do mundo.

Os analistas recomendan non mercar, aguantar, esperando melloría. Falta fará que esto mellore, que cando a bolsa sona aínda que non nos afecte sentimos a ledicia compartida da marcha xeral da economía.

Neste tempo de vacas flacas, de inverno agardando pola primavera, de extraña costa de xaneiro, ogallá que ós americanos lles vaia ben, melloren os seus números e contas públicas e privadas. Que non se acatarren. Así, nós non teremos que andar curándonos ás presas dunha gripe económica para a que non estamos preparados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania