Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non temos humanidade

sábado, 10 de agosto de 2019
Non temos humanidade O venres pasado acabei de ler o libro (por certo, moi bonito) “A filla esquecida”, do autor cubano Armando Lucas Correa, que aínda que é unha novela, está baseada sobre feitos reais que aconteceron na Segunda Guerra Mundial, máis en concreto, sobre o holocausto. Rematada xa a novela, o autor explicou un pouco o asunto sobre o buque que na noite do sábado do 13 de maio de 1939 levantou áncora do porto de Hamburgo con destino á Habana.

Ían no barco 937 pasaxeiros e a maioría deles, por suposto, refuxiados xudeus alemáns. Semella que estes refuxiados tiñan os permisos para desembarcar que emitira o director xeral do Departamento de Inmigración de Cuba. Mais resulta que o presidente cubano, Federico Laredo Brú, emitiu o decreto 937 (nomeárono así precisamente polo número de refuxiados) invalidando os citados permisos.

Empezou aí a peregrinación duns seres vivos que simplemente fuxían da guerra e dese cancro alemán chamado nazismo. Estados Unidos tamén lle negou a entrada ó buque, ós refuxiados. O mesmo fixo Canadá. Así é que ó Saint Louis non lle quedou outra que regresar a Europa, ou sexa, naquel momento, ó inferno. Tiveron sorte os 287 que aceptou Gran Bretaña. Porque, os demais, recollidos por Francia, Bélxica e Holanda, caeron nas mans das SS, cando a Hitler se lle deu por querer conquistar todo o que puido de Europa.

Toda esta odisea entra neste Recuncho porque, na actualidade, estase desenvolvendo outra moi semellante co buque da ONG Open Arms, que leva máis de 15 días esperando para poder atracar cos seus inmigrantes. Ningún país europeo quería dar os permisos. Precisamente países que viviron nas súas carnes o éxodo masivo de emigrantes ou de refuxiados de guerras. Países que, non hai moitos anos, masacraban ós africanos polas súas terras, polos seus produtos, polos seus minerais. Chupáronlles o sangue e agora non son quen de darlles só que sexa unha codia de pan ou un lugar onde durmir. Non temos humanidade. Nunca a tivemos. Os Gobernos europeos ven esta calamidade máis en plan político que en plan humanitario. Sábese que a política dá mellores réditos. Miseria humana!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES