Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiñando por Lugo

viernes, 16 de agosto de 2019
Camiñando por Lugo
O pasado martes, pola mañán, atopeime dous turistas arxentinos na porta da Ruanova, que preguntaban infructuosamente polo acueducto romano de Lugo. Xa que ningún dos viandantes parecía poder informarlos, achegueime a eles para saber exactamente que buscaban e ensináronme un plano da cidade no que figuraba un resto arqueoloxico diante do edificio da Deputación en San Marcos, que ata daquela non deran atopado.

Comenteilles que eran restos do acueducto romano, reutilizado no século XVIII para conducir a augas á cidade desde a zona da Piringalla onde aínda agora se atopan os depósitos de auga para o abastecemento, ata as fontes públicas da cidade; restos que unha vez rescatados en parte se mostran ao público nunha fiestra arqueolóxica, como a que hai na Ruanova.

Para ensinarlles como era, achegueime con eles á fiestra que hai ao pé da Porta da Muralla, que deberá deixar ver o basamento da primeira muralla que non coincide alí co trazado actual. Non foi posible velo porque o cristal estaba totalmente opaco, e non permitía distinguir nada do que hai no interior.

Orienteinos cara a San Marcos para que puideran contemplar o desexado acueducto, lamentando que o sistema das fiestras arqueolóxicas funcione tan mal que nalgúns casos o fai prácticamente inútil. E achegueime despois á rúa do Doutor Castro, para ver se se contemplaba axeitadamente o resto do mosaico romano de Batitales, esa xoia conservada no seu lugar orixinal que é posible ver a través duns cristais que poden ser moi seguros e non esbaradizos pero que de ordinario cumplen mal a súa función, e onte non a cumprían para nada xa que, non sei por que motivo, non se podía contemplar nada ao seu través.

Nun tempo de visible incremento do turismo en Lugo, é perfecto que unha cidade na que asoma o pasado romano ao mover calquera pedra, se conserven restos “in situ” e se permita a súa contemplación, con un sistema adecuado, pero o actual sistema, nos dous lugares mencionados, ven resultando manifestamente inútil, mentras si funciona adecuadamente o existente na Praza de Santa María para contemplar a vella piscina romana.

Alguén no concello debe tomar nota desta carencia, e procurarlle inmediata solución.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES