Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xuntanza de ex-seminaristas da Mariña,2019

viernes, 16 de agosto de 2019
O pasado 7 de agosto celebramos en Foz, no restaurante Xoiña, a tradicional Xuntanza de ex-seminaristas da Mariña coa presenza de vinte integrantes. A saber: Balseiro, Rubert, Franco Quelle, Conde Nuñez Luis, Trashorras, Rey Sarmiento, Manolo Villares, Perfecto Otero, Vale Insua, Pedro Conde, Javier e Alfonso Pernas, Carlos Adrán, Juan José Meilán, Marful de Lorenzana, Antonio Maciñeira, Teijo, Del Río Ferro, Vidal Reigosa, e quen esto suscribe Ricardo Timiraos.

A festa comenzou tomando uns viños na zona do Porto e logo, xa todos xuntos, comemos certamente ben no restaurante citado grazas ó labor encomendado ó compañeiro Balseiro, quen actuou de enlace có restaurante. Noraboa, Amigo.

A verdade é que o tempo escapouse do reloxo, pois foron tantas as anécdotas e preguntas que non dábamos abasto. Rematamos sobre as oito da tarde.

Chamaron, para preguntar e excusarse polos problemas surxidos, Jesús Tojal, Paco Conde e Moirón, que sempre asistían. ¡Haxa saúde!... que a ista idade vai facendo falla.

Quedamos xa emplazados para o ano que ven ( Deo volente, como escribe algún) e pensamos en que sexa en Adelán ( Ferreira) na idea de ir rotando os lugares e dise xeito facelo máis ameno. Alfonso Pernas será o contacto na zona.

Apertas de todos e para todos, e xa sabedes que nós sempre recibimos os que queirades incorporarvos sen problema algún. Moi ó contrario, é unha fermosa ledicia.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES