Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 16 de agosto de 2019
Inauguracións ás moreas

Na década dos 50, Franco enchíase a inaugurar pantanos, pero tamén había certos personaxes que inauguraban obras a darlle cun sacho, ás moreas. O 12 de agosto de 1956 contan algunhas crónicas que unha selección de personaxes (por certo, extensa selección), desde o gobernador civil de Ourense ata o secretario da Obra Benéfica e Social, pasando polo vicepresidente da Deputación e o delegado da Fronte de Xuventudes, entre outros, inauguraron na aldea de Vide, no concello de Baños de Molgas, unha vivenda cun valor de 30 mil Pingas de Orballopesetas, que se construíu con cargo á Campaña de Nadal e que se lle entregou a María Ferro Pato, por ser viúva e con nove fillos menores de 14 anos, polo que tamén lle doaron roupa e víveres. Con razón. Imaxino a nove cativos aí metidos ó mellor nunha simple habitación.
As autoridades, non podía ser doutra maneira, aproveitaron para darse a coñecer e na aldea de Bouzas déronlle o visto bo ó edificio escolar, que se construíu con cargo ó Plan de Cooperación e á Obra Social do Movemento. Rematada esta inauguración iniciaron un “pasaaldeas” a toda castaña e inauguraron fontes e lavadoiros en Almoite, Sanguñedo, Nogueira de Abaixo, Guede, Presqueira, Froufe, Cardoeiro e Francos... case todo Baños de Molgas. E aínda tiveron tempo de visitar o campamento forestal da Fronte de Xuventudes de Foncuberta, en Maceda. Para que se vexa...

Os cans pequenos que ladran

Vexo como me colgan os auriculares do colo da camisa. Porque mentres leo Pingas de Orballoou escribo paro a música e desconéctoos do móbil. Pero non os recollo para metelos no peto do pantalón, senón que os deixo colgando para, logo, conectar de novo axiña. Estou sentado nunha terraza tomando un café e facendo tempo. Tempo para pasmar ante a xente que pasa, os nenos que xogan, os coches que pasan, o ruído que soa, os cans que ladran...
Os cans pequenos que ladran son listos, moi listos. Ládranlle ós grandes se están acompañados por outro grande ou se teñen ó amo á súa beira, ó seu lado. Pensarán que, tanto un coma o outro, os defenderán se é que o asunto se pon feo. Os cans pequenos que ladran quedan quietiños se están ou se se senten sós. Non vaia ser o demo que se boten a eles e non teñan quen os defenda. Así é que, inmóbiles, calmiños, sen mover unha orella e sen ladrar. Os cans pequenos que ladran o fan co pelo ourizado e as patiñas ben pegadiñas ó chan, amosando bravura, incluso un chisco de carraxe e, iso si, tirando das correas que os suxeitan para demostrar que, de covardía, nada de nada. Tiran con forza porque saben moi ben que os amos non os soltarán. Se os soltan, pobriños, algún ata desaparecería dun simple bocado. Os cans pequenos que ladran son moi listos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES