Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: ¡Máis rebaixas!

lunes, 21 de enero de 2008
Despois de termos vivido outro Nadal, escandalosamente consumista, seguimos a baleirar os nosos achicados petos coa enganosa ganga das rebaixas. ¡Mercar polo pracer de consumir! Como se todos foramos ricos e estiveramos sobrados. Cómpre deter esta tolemia colectiva.

Epidemia que chega a todas partes. Ademais do mundo dos negocios abarca tamén ao mundo da Política. E mesmo ao da Igrexa. O auto/engano, os intereses (creados ou por crear) e os egoístas devezos de poder atrofian e atrapan mentes e corazóns. ¡Os feitos están á vista!

Gobernantes, con rebaixas nas promesas en infraestruturas (aves, autovías, pontes); nas leis sociais (dependencia sen estrear, subida soldos, pensións, axudas); ampliada distancia España pobre/rica; Galicia costeira/interior (Na Terra, 2007, pecharon 400 explotacións gandeiras, fuxiron 10.000 mozos/as e máis de 300 millóns de euros de perda por abandono terras)

En canto á Igrexa, demasiadas rebaixas tamén coa falla de testemuño evanxélico (vida/obras) e perda “autoridade de servizo dos pastores”, co consentido esquecemento Concilio Vaticano II, coa volta á misa tridentina, ás concentracións nas rúas, ás alianzas no terreo político, ao perigoso achegamento ao mundo dos negocios e outros poderes que non casan co Evanxeo.

Os políticos (goberno/oposición) e os bispos están de eleccións. Nosoutros tamén. ¿¡Quen vai ser presidente de España e quen da Conferencia Episcopal perante catro anos!? Vale a pena reflexionar. É a hora de falar tamén nosoutros. Como cidadáns/ás. Como Igrexa, aínda non.

¡Esperamos non nos deixar engaiolar polas promesas que poidan arrastrar... ¡máis rebaixas!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES