Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación da editorial de Euskadi AGALIR Ediciones Solidarias en Betanzos e en Guitiriz

miércoles, 14 de agosto de 2019
A Asociación Lar de Unta e a NPG Nova Poesia Guitirica, coa A.C. Xermolos, organizan a presentación dun proxecto solidario vasco social e literario. Será o luns 19 de agosto ás 20:30 no Lar de Unta, rúa Pescadería 3 en Betanzos.
Estará a poeta Teresa Ramiro e os responsabeis de AGALIR Ediciones solidarias Presentación da editorial de Euskadi AGALIR Ediciones Solidarias en Betanzos e en GuitirizIñaki Urdangarín e Agurtxane Estrada.

Agalir Ediciones Solidarias foi creada por necesidade propia para poder publicar o libro "Sentimientos de Cristal", do cal, unha parte de cada libro vendido doase ao neno Lucas Argoitia, un cativo que ten a enfermidade comunmente chamada ósos de cristal. Para xestionar a parte solidaria deberon fundar unha asociación que chaman igual que o libro, "Sentimientos de Cristal Asociación" na que nos ocupamos principalmente do tema emocional, especialmente nos nenos, que son o futuro. Como editorial buscan que cada unha das publicacións teñan un fin solidario, ben polo seu contido, polo siginificado da propia publicación ou pola súa repercusión económica a algún dos proxectos que llevan a cabo, entre os que están "Ningún niño sin su cuento" e que consiste en que de cada conto vendido se xenera otro igual que se dona entre nenos máis desfavorecidos (centros de acollida, hospitais, etc...). Algúns destes serán repartidos entre nenos dos campamentos de Guitiriz estes días de visita nos que ademáis de Betanzos e Guitiriz (Casa Habaneira o día 19 ás 12:00) recalarán tamén en Melide o día 23 de Agosto.

Outra das caracteristicas das súas publicacións é o plurilinguismo. En todas as publicacións que lles é posIbel, poblican en castelán, euskera, galego e catalán, nun afán de que os idiomas sirvan para entendernos en vez de para pelexarnos, para buscar a curiosidade dos nenos e que queiran aprender desde esa curiosidade, e tamén para exportar o euskera a outras autonomías e levar os seus idiomas a Euskadi.

Levan seis anos e os proxectos siguen sumando. A súa intención, ademáis de pasar uns días por Galiza, es darse a coñecer e presentar algunha destas publicaciónss entre as que cabe destacar "E de Súpeto o Inverno", un libro no que se xuntaron unha vintena de escritores e diferentes artistas (coñecidos e descoñecidos) con Galiza como raiz común (Baldomero Iglesias, Xosé Vazquez Pintor, Paco Ledo, Xulio García Rivas, David Otero, Antom Laia, Teresa Ramiro... entre outros). Ademáis de "Sentimientos de Cristal" e "E de súpeto o inverno", traen un libro/proxecto no que levan traballando un ano "Cartas con Remite de Muller e Silenzos de Home", un libro no que máis de corenta victimas de abusos e maltratos contan nas cartas as súas vidas desde aquel día en que se convirtiron en victimas, desde a parte máis emocional dun día a día que cada cal resolve á súa maneira pero con un sentir común:

"as feridas físicas desaparecen pero as emocionais permanecen no
tempo". E traen tamén o conto "Marichuly a bolboreta", un conto co que poder traballar as emocións nos mais pequenos e que é un dos que entra no proxecto "Ningún neno sen o seu conto".

Un fermoso proxecto no que as tres entidades galegas de Betanzos e Guitiriz colaboran e que ademáis de co tribuir a causas solidarias a través da cultura, promoven as linguas como modelo de entendemento e non de confrontación, así como a irmandade entre os diferentes pobos do estado.

Así, pois, o luns 19 de agosto ás 20:30 na Asociación Lar de Unta, na rúa Pescadería 3 de Betanzos, teremos con nós, da man da poeta Teresa Ramiro, a Iñaki Urdangarín e a Aretxane Estrada, de AGALIR Ediciones Solidarias co seu fermoso proxecto socio cultural e plurilíngüe.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES