Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un político para Vivenda

lunes, 21 de enero de 2008
O sector da vivenda non gaña para sustos, espreitante diante da última ocorrencia da Conselleira do sector. A última, por agora, a futura Lei da Vivenda de Galicia, que impedirá a alcaldes, concelleiros e funcionarios ser promotores de pisos nos seus concellos e permitirá expropiar vivendas vacías en condicións graves de deterioro para logo dedicalas ó aluguer.

Non é só que este proxecto de Lei fose unha sorpresa para os promotores de vivendas senón que tamén o foi para a forza política que, co Bng da Conselleira, goberna este País, diante da que como primeira medida pedía calma e anunciaba estudio –estudio con moita calma- suxerindo á conselleira negociacións e consenso, en tanto o PP arremetía frontalmente e os promotores inmobiliarios acusan á Conselleira de criminalizar a súa profesión. Por fin, o Presidente Touriño, reducía a unha idea para debatir o contido deste anteproxecto de Lei da que parece terse enterado ó mesmo tempo ca nós.

As Consellerías teñen, seguro, técnicos competentes na materia de que se trate. En Cultura saberán dos temas culturais, en Turismo o mesmo, xa non digamos en Educación, Medio Rural ou Medio Ambiente. E en Vivenda, seguro que os técnicos coñecen as necesidades, realidades e posibilidades.

Posiblemente non debe ser Conselleiro/Conselleira un experto no tema, procedente do medio, inmerso na problemática, como unha Arquitecta. Ó mellor debe selo un político asesorado polos mellores arquitectos. E aparelladores, constructores, promotores, urbanistas, e todo tipo de técnicos que axuden ó político a tomar a decisión política conveniente en cada momento. Xa non digamos a menos de dous meses dunhas eleccións, nas que o mellor é non alborotar o galiñeiro (político).
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES