Por que tanta desconfianza?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 15 de agosto de 2019
Hoxe en día non é nada raro escoitar que non se pode confiar en ninguén.
¿Por que se di eso?
Porque hoxe en día prodúcense moitos feitos que nos fan ser desconfiados -incluso contra a nosa vontade- en moitas ocasións.
Noutros tempos, dábase unha palabra e cumpríase como se dun documento escrito se tratara.
Hoxe en día ata hai documentos escritos que deixan moito que desexar.
Obsérvese se non os seguros de todo tipo: aparentemente parece que cubren moito e á hora da verdade cubren moito menos ou nada en según que casos
Por outra banda, andando pola vida,encontrámonos con persoas que se gañan a vida mediante timos e estafas de todo tipo.
As noticias dannos boa conta de moitos casos
¡E os que non se decubren!
Ata hai persoas que teñen por traballo conseguir en décimas de segundo o que outras tiveron que gañar durante anos ou toda a vida.
En situacións así, non é de estrañar que nos volvamos desconfiados.
Xa din alí:
Desconfía e acertarás
PERO SE TIVERAMOS QUE IR POLA VIDA DESCONFIANDO DE TODO É DE TODOS; ESO NON SERÍA VIDA, SERÍA UN INFERNO.
Un pouco de alerta, si; pero afortunadamente hai moitísimas persoas boas nas que se pode confiar.
Grazas a esa inmensidade de persoas, imos pola vida con seguridade e tranquilidade.
No círculo de persoas coñecidas xa sabemos como reaccionan.
No medio rural non adoita haber problemas maiores.
É nas urbes,onde si os hai e canto máis grandes son estas, máis problemas de seguridade se dan.
Por eso, entre persoas descoñecidas, a policía aconsella ser moi cautos.
Porque indo polo mundo adiante, non sabes con quen podes encontrarte.
Desafortunadamente, hoxe en día hai cada vez máis delincuencia.
OS PEORES DELINCUENTES SON OS DE LUVA BRANCA: XENTE MOI PREPARADA
QUE SABE MOI BEN COMO TRABALLAR Á HORA DE DELINQUIR.
A razón máis importante de todas para delinquir é a falta de valores morais.
PORQUE NINGUÉN NACE DELINCUENTE.
O DELINCUENTE FAISE.
E se o climax é favorable, mellor que mellor.
Desta falta de moralidade, derívanse moitos problemas que nacen, a maioría deles, no seo familiar.
Se a familia non educa na moralidade, moi pouco pode facer a educación e moito menos a sociedade.
E xa sabemos que algunas familias destes tempos non teñen moi boa saúde moral
Non sei ata onde teremos que chegar para tomar medidas de raíz no asunto.
GRAZAS QUE AÍNDA QUEDAN MOITAS FAMILIAS QUE POÑEN O ACENTO NOS VALORES MORAIS:
-Afortunadamente somos moitas as persoas que queremos vivir tranquilas e confiadas.
-Afotunadamente somos moitas as persoas de boa vontade.
-Afortunadamente as forzas de seguridade fan un labor moi importante.
Grazas a unha inmensidade de persoas que conservamos as boas formas, aínda podemos dicir que:
DENTRO DO MALO AÍNDA SOMOS UN DOS PAÍSES MÁIS SEGUROS DO MUNDO
Pero aínda así non debemos baixar a garda porque temos moito que mellorar.
NON BAIXAR A GARDA
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a esa inmensidade de persoas, -entre as que naturalmente se atopa vostede.- que fan deste mundo un mundo tranquilo e confiado.
E moitas grazas por confiar unha vez máis en min para terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Vivamos confiadamente!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora