Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Galiza mártir

martes, 13 de agosto de 2019
O vindeiro sábado, día 17, é o Día da Galiza Mártir, lembrando aquel día fatídico no que os fanáticos do golpe de estado do 36 asasinaron a Alexandre Bóveda na Caeira de Poio, cando tiña 33 anos coma un dos seus mestres, Xesús de Nazaré.

Neste ano non peregrinaremos alá, coma en edicións anteriores, xa que nos reclama a participación no II Memorial dos Irmáns da Lexía en Santa Mariña de Lagostelle, unha moza axusticiada na Gallaecia romana, convocados por membros de Riazor Blues, a Irmandade Manuel María e Xermolos de Guitiriz, lembrando a tres rapaces herculinos que fuxían cara a Asturias republicana despois da sublevación franquista.

Detidos nesta parroquia foron trasladados á Coruña onde foron paseados días despois, menos o máis novo que o executaron ao cumprir a maioría de idade.

Bebel, 22 anos, era xogador do Deportivo e lider das Xuventudes Socialistas Unificadas. Foi un dos escritores máis egrexio da literatura contemporánea, o uruguaio Eduardo Galeano, o que mellor o retratou:

“Bebel é zurdo para xogar e para pensar. No estadio, pon a camiseta do Dépor. Á saída do estadio, pon a camiseta da Xuventude Socialista”. Na medida que ía coñecendo e penetrando na paisaxe de Santa Mariña, ao pé da serra que nos une a Aranga, sentín a paixón destes tres irmáns e outros compañeiros que fuxían do terror. Os seus saloucos e dores quedaron recollidos na cerna das nosas árbores que son coma habitáculos que gardan o devir humano, os sinais da vida e da morte. Peñas dos Riazor Blues interesáronse pola nosa camiñada tras os pasos destes deportistas e traballadores, e sumáronse á nosa andadura para espallar os soños deles: unha sociedade igualitaria onde cadaquén poida desenvolver os seus proxectos dende a liberdade.

Son varios os colectivos que están a comprometerse nesta teima porque cremos que o deporte e a cultura son as mellores ferramentas para sementar o respecto á liberdade e a igoaldade. Nesta xornada celebramos a xenerosidade d@s mártires galeg@s que son vítimas das ditaduras e da intolerancia.

Estamos nunha rede que loita contra a desmemoria, e si o ano pasado presentábamos esta iniciativa no Proxecto Cárcere de A Coruña onde estiveron presos os tres irmáns, este mes fixémolo na Asociación Alexandre Bóveda que mantén aceso o compromiso deste galeguista que deu a vida polo noso pobo.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES