Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As etapas da vida

lunes, 12 de agosto de 2019
As etapas da vida Vive feliz o ser humano? Pero realmente feliz? É libre? Vive libre? Seica nos tiramos 19 anos estudando, no sistema educativo. Si, de acordo, a infancia e a adolescencia, as que se pensa ou se cre que son as etapas máis bonitas da vida. E penso que con razón.

Pero, a verdade, se analizamos a fondo esas dúas etapas, hai que chegar á conclusión de que, efectivamente, estamos máis prisioneiros que libres. Entre os colexios e os deberes pouco queda. E precisamente por iso, hai que deitarse cedo para madrugar ó día seguinte. Ou sexa, facer os días moito máis curtos. Certo que a liberdade e a felicidade deses dez, trinta minutos cos que gozamos nesas dúas etapas, non ten prezo. Pero é moi pouco tempo para unha idades, ás veces, bastante inocentes.

Logo, ó pouco de rematar os estudos (algúns nin esperan a rematalos) xa casamos ou nos achegamos, polo que a liberdade... ufff, e aínda que ó principio a felicidade semella auténtica, verdadeira, axiña empeza a rutina a facer estragos. Cando aparecen os fillos, entón si, entón aí esquecémonos xa definitivamente da liberdade. E a felicidade, pois como na infancia e adolescencia, ós cachos, dez, trinta minutos estás coma en éxtase de contento, de feliz. Pero o resto do tempo asoman as angustias de que farán, por onde andarán, como se comportarán, por que non estudan, en que traballarán. A conclusión non é outra que, nin somos libres nin somos completamente felices. Aínda que, iso si, eu agora mesmo, síntome o home máis libre e máis feliz do mundo. Xa sei que son algo raro, pero...

Xa que neste Recuncho toquei esas tres etapas da vida, vou logo coa derradeira, coa etapa final. Ten que ser, é moi triste morrer en soidade. Porque xa é moi triste vivir en soidade. Sobre isto, sobre o de vivir en soidade sei algo. Porque me tirei nove anos e pico vivindo na capital do Imperio, nunha pobre pensión que, aínda que era feliz nesa cidade, había que pasar alí horas e horas metido nela. Pero si, moito peor é vivir en soidade de vellos e, por suposto, morrer en soidade. Na nosa terra, en pouco tempo, xa van preto de 20 persoas que deixaron este mundo sen que ninguén mirase por elas. É moi triste. Porque, para máis aquel, non sabemos como realmente faleceron. Como se adoita dicir: que Deus nos acolla confesados.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES