Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aínda que a xenofobia se vista de seda…

miércoles, 21 de agosto de 2019
Se queremos estar máis ou menos informados nos mundos de hoxe é máis importante recoñecer o tratamento da noticia que a noticia en si.

É moi importante a incredulidade porque nos permite buscar puntos de vista e contrastar o feito ata chegar a determinados puntos de obxectividade.

Hai unhas semanas producíronse uns tiroteos de carácter xenófobo en Estados Unidos, en España proliferan as violacións en grupo ou individuais, homofobia, transfobia, supremacismo, machismo… uns parecen querer xustificarse no mal que fan os outros. Pois ben, temos que saber que son a mesma praga. Todos intentan inxectar o veneno do odio na nosa sociedade e todos viven nun perenne Entroido que os camufla de liberdade e democracia.

Non están sós, teñen medios de comunicación que os apoian como fieis escudeiros dunha manipulación que fai lei do inxustificable. Esta xente parece ter en si a palabra suprema, esa que fai calar á diferenza e que, polo tanto, en democracia debería ser moralmente inadmisible. En cambio, esta palabra está sentando cátedra para establecer un trato discriminatorio positivo para os seus e negativo para a oposición.

É un traballo lento que vai facendo pouso na opinión pública ata conseguir o perdón para uns e o perenne castigo para outros. Un erro pode custar a vida pública e unha sarta de barbaridades ditas e escritas pode ser unha forma de vida pública.

Un feito puntual non pode servir para desatar ideoloxías que se reducen a unha única palabra: fascismo. O fascismo é a antítese da democracia e combátese con información veraz, analizando o feito obxectivo que merece a repulsa da sociedade. Unha violación en grupo é un feito deleznable e noxento que hai que condenar e castigar independentemente de quen o realice. Non vale poñerse dun lado ou doutro segundo a nacionalidade dos delincuentes pero, postos a dar datos, que sexan de verdade e que unha simple busca en google non os tire abaixo xa que de acordo co INE, os españois estamos moi por riba doutras nacionalidades a hora de cometer delitos sexuais en España.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES