Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Liberados da merda

miércoles, 14 de agosto de 2019
Non sei por que pero a necesidade moral de militar na liberdade fai que este verán a miña columna dos mércores teña un tema predominante: a liberdade de expresión.

Se vivíramos nun país normal, totalmente convencido e militante na idea de que este sistema político é o mellor, podería dicir que decidín dedicar as miñas columnas de verán ao perogrullo; pero, desgraciadamente, a realidade danos argumentos de que fai falla defender a liberdade de expresión contra aqueles que queren limitala baseados en escalas de dubidosa moralidade. Son os mesmos que negan a maioría de idade ao mesmo pobo que os elixiu para intentar unha suposta tutela que, en realidade, é manipulación.

Luís Pastor e o seu fillo Pedro viron rescindido un contrato para actuar en Aravaca. Isto é un suma e sigue que pon de manifesto a nova política que pretende desenvolver o concello de Madrid. Pois ben, creo que o principal perdedor de todo isto é o pobo de Madrid que non vai poder deleitarse con determinados pensamentos feitos poesía e música só porque os seus sentinelas decidiron censuralo.

Só cren no pobo cando lles vota, e cando non equivócase. É o que ten ser tutelado. Pois ben, perde Madrid e Luís e Pedro gañan. Gañan en coherencia, en liberdade, en prestixio, en poesía e en autoridade moral, como Celso Emilio en Venezuela experimentan a gran honra dunha expulsión positiva que os libera da merda.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES