Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

...E van 38 asasinatos machistas.

viernes, 09 de agosto de 2019
Este mércores, de novo, os medios audiovisuais incluíron entre as súas primeiras noticias o asasinato machista numero 38 desde o comezo do presente ano, publicando todo tipo de detalles, animando a denunciar calquera agresión e publicando o número gratuito ao que chamar no caso de coñecer algún delito deste tipo.

Cada vez que escoito unha noticia así, e van trinta e oito neste ano, lembro o acontecido na radio lucense a comezos dos anos setenta coas noticias relacionadas cos suicidios.

Daquela, coas novas relacionados co tráfico (nada que ver coas cifras da actualidade), as que proporcionaban os xulgados, policía e garda civil, dábase conta cando un pasamento se debía a un suicidio, mencionando só as iniciais do suicida para gardar as formas, pero indicando o lugar e circunstancias que procederan.

Había moitos suicidios, especialmente no outono-inverno, que seguro se vían acrecentados pola soedade dos que ían quedando sós nas aldear e nos pobos naquel tempo que empezaba a despoboación que agora xa é unha traxedia. E dabamos a noticia ata que a través de especialistas na materia soubemos que había un fenómeno de retroalimentación, e que as novas de suicidio animaban ou podían animar aos indecisos a tomar unha decisión fatal en base ao exemplo que, aínda que lonxano, lles chegaba a través dos medios informativos.

E deixaron de ser noticia os suicidios, e pasaron a ser cifras estadísticas dos xulgados, da garda civil, das institucións sanitarias que as farán chegar onde proceda para a toma das decisión políticas que corresponda.

Se a noticia dun suicidio podía animar a igual decisión a un enfermo de soidade ou de enfermidade física, para min que as novas repetidas de asesinatos machistas poden provocar accións parecidas de enfermos ou tolos indecisos que toman exemplo do que escoitan como funesta solución para os seus problemas supostos ou existentes.

A censura informativa sobre un tema asi pode non sentarlle ben á liberdade nin ás persoas normais, pero pode ser totalmente indicada para persoas con problemas mentais que poden tomar exemplo dos asasinos que parecen proliferar. Tema tan importante e urxente, ben merece a pena de pensar seriamente nel.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES