Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A democracia, un arma en construción

miércoles, 07 de agosto de 2019
Dixen moitas veces e así o penso que a democracia é o mellor sistema político que inventou a humanidade, o que máis respecta as súas esencias e, polo tanto, o máis axeitado para o desenvolvemento humano. A pesar disto, temos que decatarnos de que este sistema político non se desenvolve ao 100% sen un sistema social e económico equitativo. No ámbito social e económico está a garantía da igualdade que permite o acceso de calquera persoa a calquera punto do entramado institucional; é dicir, conseguimos unha peza fundamental que é a política pero fáltannos outras dúas para construír un núcleo forte.

Exercer a liberdade require ter medios sociais que contribúan a cubrir as nosas necesidades básicas. A partir desta cobertura, como ben propón Maslow, empezamos á construción do noso proxecto vital. Polo tanto, o social é un piar básico que non se pode eclipsar baixo a importancia do económico porque, moitas veces, se utilizou este eclipse para derrubar o piar social. Temos que ter moi claro que a democracia require política, economía e equidade. No momento que falle un destes piares, a democracia andará coxa; polo tanto, debemos pensar que tipo de democracia queremos: se queremos que realmente sexa de todos ou queremos transformala nunha oligarquía plutócrata.

Se cremos na igualdade, temos que construíla, non podemos caer na falacia de que existe sempre no punto de partida. A igualdade constrúese con política social, cun fiscalidade xusta e cunha distribución equitativa dos servizos públicos que chegue a todo o país, incluíndo ás zonas rurais. Falta moito e hai moito camiño andado, o que indica que o podemos facer, podemos conseguir un país máis xusto e unha democracia máis nítida. Este camiño recórrese tomando consciencia de que cada xeración ten que legar unha realidade mellorada. Polo tanto, non vale refuxiarse no conseguido, hai que mantelo, perfeccionalo e procurar que xunto ao alicerce da liberdade se sitúe o alicerce do benestar.

Podemos facelo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES