Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (3)

jueves, 22 de agosto de 2019
III. Proceso de elaboración do liño
“A necesidade de facer fronte a un elevado volume de traballo en determinadas épocas do ano, dou lugar a que a maioría das comununidades agrarias, e ata épocas ben recentes, o solucionasen por medio da axuda de parentes e veciños, que na maioría dos casos se atopaban na mesma tesitura. Non cabe a menor dúbida de que se trata dunha fórmula na que priman as relacións de parentesco, amizade e veciñanza, e que supón un aporte non só de man de obra, senón tamén de instrumental en moitos casos, xa que se acode con ferramenta propia.

Evidentemente non hai unha remuneración económica polo traballo levado a cabo, o pago dese favor faise coa axuda no momento no que se precise.

Así mesmo, todas estas xuntanzas eran un acontecemento social, xa que ó remate do traballo ofrecíase unha comida que, con frecuencia, remataba nun baile. Estas reunións A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (3)eran mal vista polas autoridades eclesiásticas, que chegaron incluso a prohibilas, a pesares de que esta oposición da igrexa non tivo unha fonda repercusión.

Este sistema de axudas era empregado en varias fases do proceso de transformación da planta do liño, especialmente nas espadelas e fías, realizadas exclusivamente por mulleres, que levaban instrumental de seu…”
(1).

1. Preparación da terra
Nos seus inicios o liño precisa terreos fértiles nos que haxa unha rotación con outros cultivos -preferentemente gramíneas e pataqueiras- nun ciclo de seis ou sete anos. A variedade textil, que é a máis usada, require un clima fresco e húmido así como unha pluviometría regular durante todo o ano. Por outra banda, a terra que vai a recibir a semente ten que levar previamente un labor idóneo con varias pasadas de grade, para que o chan quede aireado. Ademais, ten que ser rica en humus, provista de regas, exenta de caliza, ben cavada, enriquecida con estercos naturais ou órgano-químicos axeitados, recursos que van a restituir a carencia de potasa, fósforo, calcio… (2).

2. A sementeira
A semente bótase polo mes de maio a voleo ben xunta, espesa, nunha cantidade aproximada de 135 kilos por Ha., e acháirase cun engazo de madeira ou ferro. Cómpre que caia ben xunta para que logo o liño enfie ben..Nalgunhas comunidades vilalbesas dicíase que, para saber se estaba ben, podíase mollar o dedo pulgar e poñelo sobre a terra sementada, tendo que saír nove grans pegados ao dedo (3).

3. A monda
A planta nace entre os tres e os oito días de realizar a semente, necesitando algunha sacha e novas regas, cando acada os 12 cm. Aproximadamente aos doce días da semente a planta alcanza unha altura de 15 a 20 cm. É o momento no que se leva a cabo a monda, tarefa que ten como finalidade arrincar as malas herbas e consolidar a raiz do liño. Este labor realizano as mulleres, que se sentan por riba da planta, ben poñendo unha manta debaixo, ou dun xeito directo coa saia. Desta maneira o liño queda deitado mais aos poucos días érguese ficando un campo moi verde.

Nalgún lugares de Galicia o liño non necesitaba regas xa que se sementaba nunha terra moi húmida, mais noutros lugares -como a Limia Alta (Ourense)- regábase aos oito días de sementado e seguía a se regar cada oito días ata que se arrincaba (4).

4. A arriga
No mes de Xuño florece o liño; a flor é de cor azul ou violeta e ten uns tres cm. de diámetro. Tamén vai saíndo a bagaña, que é unha especie de capsuliña, onde se encontra a liñaza. Chega así o mes de xullo e a planta acada unha altura de 40 cm. Neste intre realizase a arriga, que ten que levarse a cabo denantes da maduración completa da bagaña. A arriga consiste en arrincar do chan a raiz da planta do liño. Esta tarefa é propia de mulleres, aínda que se é mester interveñen tamén homes. Este traballo comeza cando nun canto da herdade colocanse varias mulleres unhas ao carón das outras e, coas dúas mans, collen un mangado de plantas, tirando a modiño delas ata que se desprende a raiz; logo, sacúdenas contra si para que se libere a terra, e van deixando os mangados atrás ata formar un feixe (5).

Notas:
1. RODRÍGUEZ CALVIÑO, Manuel e SÁENZ-CHAS DÍAZ, Mª Belén.: “Traballos de axuda mutua e relacións sociais: O lino no Val de Vea (A Estrada, Pontevedra)”, en Encontros coa Etnografía, Edt, Toxoutos, Noia (A Coruña), 2005, páxs.175-200
2. GIL DE BERNABÉ, Xosé Manuel.: Ob. cit., , páx. 18.
3. LÓPEZ PÉREZ, Ana Belén.: Ob. cit., páx. 13.
4. MANDIANES CASTRO, M.: O Fiadeiro na Limia Alta, Grial, Ourense, 1985.
5. LORENZO, Xaquín.: Os Oficios, Vigo: Galaxia, 1983, páx. 228.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES