Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (1)

jueves, 08 de agosto de 2019
Aparellos e antigas técnicas de uso. Referencias a outras comunidades.

Traballo publicado na 'Pena do Encanto'. Boletín Informativo do I.E.S. Chá. Números 8 e 9. Vilalba (Lugo). Anos 2015, 2016.

Penso que as persoas e agrupacións, que adican unha parte do seu tempo libre, a actividades encamiñadas a desvelar aspectos da nosa cultura tanto material como inmaterial -ás veces esquecidos- son dignas de eloxio e merecedoras dunha homenaxe, que pode quedar reflectido mediante un evento social ou, tamén, como é neste caso mediante a escrita.

A asociación de mulleres rurais de San Bartolomeu de Insua (Vilalba) naceu hai uns oito anos. Dende aquela e ata hoxe traballou e segue facendoo cunha finalidade básica como é a de recobrar algúns dos oficios artesanais galegos como son o tear e a cestería así como a cultura xerada en torno aos mesmos.

Sen embargo unha das súas ocupacións fundamentais é a recuperación do cultivo do liño. Polo tanto, as integrantes desta agrupación comezaron a sementar o liño e a investigar sobre o seu proceso artesanal, recollendo información das actividades de lecer ligadas ao labor das antigas fiadeiras. No primeiro ano de actividade desta asociación sementaron o liño mais no segundo comezaron xa a difundir as diferentes tarefas relacionadas con este cereal así como o labor de fiar. Isto quedou reflectido nun documental, que leva por título “O liño, arte e cultura”, gravado en colaboración co presidente da “Asociación de Cabreiros” (Xermade). Ademais esta agrupación, que estivo presidida por Divina González e agora por Lourdes Otero, realiza durante todo o ano un obradoiro sobre o tear . Nesta actividade participan as mulleres da parroquia, que adoitan reunirse en teares antigos algúns días pola tarde para levar a cabo os talleres correspondentes. Así entre algunhas actividades distinguimos a de preparar a lá da ovella; a de facer tapicería con materiais de reciclaxe; a de realizar tintes naturais en lá.

Por outra banda, ao ser unha asociación xa coñecida polo seu labor non só na Chaira senón tamen noutros concellos galegos aceptan con ledicia as invitacións, que lles chegan doutras comunidades, para darlles a coñecer o seu labor sobre o liño.

Pois na honra desta asociación, que proxecta agarimo e ledicia, fago alusión a algunhas peculiaridades, que amosou a “Cultura do Liño” no concello de Vilalba. Ademais, fago referencia a algúns trazos da mesma noutras comunidades galegas.

I. Descrición da planta do liño
Trátase dunha planta herbácea da especie Linum, da familia das Lináceas, anual (ás veces bianual), que ten entre trinta e corenta feixiños, que levan unhas trinta e cinco fibras pericíclicas, de folla estreita, plana, lisa, e lanceolada de tres nervios. A súa sementeira levase a cabo nos meses de abril ou maio, producindo unhas grandes flores hermafroditas duns tres cm., que procuran unha gran beleza dende finais da primavera ata o mes de agosto. A planta acada unha altura entre 20 e 100 cm., e xera un froito globuloso duns sete ou oito cm. de lonxitude con sementes aplanadas e picudas de cor castaña relucente normalmente. Cómpre distinguir preferentemente dúas clases: a de fibra e a de semente; mentres que a de fibra adícase ás modalidades textís de alta calidade, a de semente é usada para a obtención de aceite de liñaza e, polo tanto, a fins terapéuticos e industriais.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES