Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 02 de agosto de 2019
O mellor santo bebedor

Sei, e creo que con razón, que Rutger Hauer empezou coa súa auténtica fama cando pronunciou aquela mítica frase en “Blade Runner” que dicía: “Eu… vin cousas que vós non creriades: Atacar naves en lapas máis alá de Orión. Vin raios C brillar na escuridade preto da porta de Tannhäuser. Todos eses momentos perderanse… no tempo… coma bágoas na chuvia. É hora de morrer”. E Rutger Hauer morreu o pasado venres, 19, á idade de 75 anos. A categoría deste actor holandés vai moito máis alá desa simple frase. Lémbrome moito del cada vez que me vén á cabeza a película de “Lady Halcón”, aínda que aquí, nesta, quen realmente me impresionou (e onde a descubrín) foi Michelle Pfeiffer. Pola súa beleza. Máis tarde habería outra actriz que me deixaría pampo, tamén pola beleza, cando a vin en “O meu gran amigo Joe”, e non era outra que Charlize Theron. Pero a Pfeiffer en “Lady Halcón”, iso é o non vai máis. E ese recordo arrastra, como non, a Rutger Hauer. A inmensa maioría cinéfila pensa en Hauer polos seus traballos nas dúas citadas, en “Os señores do aceiro” e en “Batman Begins”; pero a min xa me fascinara en “A lenda do santo bebedor”, un filme practicamente descoñecido, pero no que actuou de forma espléndida. Ata penso que é a súa mellor actuación en toda a súa carreira. Que a terra lle sexa leve ó mellor replicante e ó mellor santo bebedor cinematográfico.

Coma un estouro de felicidade

Coido que o silencio dunha laverca semella bastante ó ruxerruxe dun sapoconcho á velocidade de Usaín Bolt ou de Carl Lewis. Tamén o ergutío dun mozo que está no alto do Outeiro do Corno baixa mansiño por Entreloríos e o Alto da Pitediña para que alguén, calquera veciño de Baños de Molgas, o escoite desde a carreira dos Poulos. Hai xente que pensa que é fácil e sinxelo outear o horizonte para divisar a brillantez que asoma nos ollos dunha curuxa. É moi difícil. Porque ás veces as distancias son enormes, os horizontes son eternos. Hai xente que disimula cando non ve, sen se decatar que palpan os coiros de pita que puxo alguén logo dun forte esbirro. Tal esbirro puido proceder cando o autor destas palabras (ou outra persoa calquera, aínda que non pronunciase ou escribise palabras) mirou cara ó sol, e foi aí, nese momento, cando semellou que as súas entrañas rebentaban. Ás veces o sol é traizoeiro de carallo. Coido que a cor da flor do toxo semella bastante á ascensión dun foguete que se lanzou á hora de rezar o santo, santo, santo na misa maior do patrón parroquial, ou sexa, do San Salvador de Baños de Molgas. O foguete, cando non puido subir máis, estourou. Foi nese momento cando se pode dicir que a miña alma (repito, a miña alma, e non a de ninguén máis) ascendeu ós ceos. Mellor aínda: foi coma un estouro de felicidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania