Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Exemplaridade

miércoles, 31 de julio de 2019
Arranca unha nova lexislatura con moitas incertezas e unha triste certeza: o parlamento do pobo español non vai ser un exemplo de dialéctica e saber estar. Desgraciadamente hai indicios máis que razoables para manter esta afirmación.

Parte destes indicios están nos tweets que se veñen lanzando dende os distintos puntos cardinais da política española. Todo indica que se van a producir ataques persoais e que, polo tanto, non vai haber altura dialéctica. Un indicio disto é un tweet que alguén lanzou falando dun sobaco feminino… Na época da igualdade e da loita feminista, hai quen se dedica a columpiarse, xogando a dicir a burrada máis grande. Que isto se faga ou se alente dende un escano significa sinxelamente denigrar a democracia do noso país.

Sempre haberá persoas exaltadas que se dediquen a vomitar nas súas redes; outra cousa é que xente que quere ser unha persoa pública e influente entre neste xogo. De novo, reafírmome no artigo da semana pasada: É necesario educar para a democracia; é necesario que o elector identifique as condutas citadas e as rexeite para evitar exabruptos políticos que teñen como único fin a institucionalización da crispación na vida pública. Só a exemplaridade nos pode librar destes esperpentos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES