Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros e cruces do Concello de Becerreá, Lugo (6)

viernes, 26 de julio de 2019
C. CRUZ MISIONAL.
Coordenadas U.T.M. X= 648.645 Y=4.743.900.
Cruceiros e cruces do Concello de Becerreá, Lugo (6)Está apoiada no muro lateral dereito da igrexa parroquial. Trátase dunha cruz latina, de madeira. Os extremos dos brazo horizontal e o extremo superior do brazo vertical, rematan nunha combinación de molduras: cóncava (cuarto caveto), convexa (cuarto bocel), e convexa (medio bocel). O extremo inferior do brazo lonxitudinal remata nunha orde decrecente nun dobre tramo: trátase da combinación dunha pequena moldura cóncava con outra convexa, que teñen como sostén unha superficie paralelepípeda.
Ao longo do brazo transversal maniféstase a seguinte inscrición:

“RECUERDO de la santa MISION
POR LOS P.P. FRANCISCANOS”

No brazo vertical amósase a seguinte inscrición:
“AÑO 1961
Y DE LOS P.P. JESUITAS
AÑO 1.9-- .


Segundo testemuñas dalgúns veciños e do párroco, esta seguda misión ofreceuna un veciño da parroquia a finais dos trinta ou comezos dos corenta do século pasado.
Na parte superior do brazo vertical móstrase a inscrición “JHS” no interior dun círculo.

11. VILACHÁ, SAN PEDRO DE.
A. CRUZ MISIONAL.
COORDENADAS U.T.M. X= 656.635 Y=4.749.507
Por riba do arco do presbiterio hai unha cruz misional de madeira, de estrutura latina, e de sección cuadrangular; os extremos dos seus brazos son propios dunha cruz treboada. Así mesmo na intersección de ámbolos dous brazos maniféstase unha superficie paralelepípeda coas arestas superiores e inferiores rebaixadas. En canto ás inscricións, móstranse en ámbolos dous brazos. Así, na parte superior do brazo lonxitudinal amósase en horizontal a inscrición JHS; na parte media e inferior deste mesmo brazo maniféstase nun sentido vertical a data, a saber ANO DE LA VICTORIA. 1939 (data ilexible); finalmente ao longo do brazo transversal reflíctese en sentido horizontal a inscrición MISION FRANCISCANA.

2. CRUZ DESAPARECIDA.
Antano, o xoves de Corpus celebrábase logo da misa unha procesión, que daba a volta a unha cruz de madeira, situada preto da igrexa. Esta desapareceu por empodrecemento hai uns trinta anos aproximadamente. Tamén se circunvalaba a mesma cando había procesións de rogativas.

12. VILAMANE, SANTA MARÍA.
1. CRUZ DA IGREXA.
COORDENADAS U.T.M. X= 653.967 Y=4.753.231
Nun pórtico situado no muro lateral dereito da igrexa hai unha cruz de madeira, de estrutura latina. Os extremos de ámbos os dous brazos son de forma troncopiramidal. Na súa unión hai unha placa de madeira, de superficie cuadrangular mais con biseis nos seus extremos. No seu interior amósase a seguinte inscrición:

“A la memoria de / Florentina Santiso Álvarez / fallecida el 6 Enero de 1911 / José Cruceiros e cruces do Concello de Becerreá, Lugo (6)Álvarez Trabado / Carmen Álvarez Trabado / D.E.P. /”.

Na parte superior da plaza mostrase un pequeno ramos de flores artificiais. Así mesmo, ao carón desta cruz hai un soneto adicado ao Cristo crucificado.

“No me mueve, mi Dios, para quererte
el cielo que me tienes prometido,
ni me mueve el infierno tan temido
para dejar por eso de ofenderte.

Tú me mueves, Señor; muéveme el verte
clavado en una cruz y escarnecido
muéveme ver tu cuerpo tan herido
muévenme tus afrentas y tu muerte.

Muéveme, en fin, tu amor, y en tal manera
que aunque no hubiera cielo, yo te amare
y aunque no hubiera infierno te temiera.

No me tienes que dar porque te quiera;
pues aunque lo que espero no esperare
lo mismo que te quiero te quisiera”.


13. VILOUTA, SANTA MARIÑA.
A. VIACRUCIS INTERIOR.
Trátase dunha ofrenda realizada por un veciño desta comunidade , que un bo día deixou na parte inferior da porta lateral esquerda da igrexa 14 cruces de ferro, pra que o párroco ao chegar as colocase no seu interior. Esta doazón levouse a cabo hai uns trinta anos. Son cruces de ferro, de estrutura latina, con resaltes dourados en ámbolos dous brazos, e con motivos xeométricos de carácter moldurado na súa parte exterior.

III. CONCLUSIÓNS.
A modo de resumo cómpre mencionar como neste concello o patrimonio existente en cruceiros é moi pobre, xa que só encontramos tres cruceiros: o de San Pedro de Tortes, de carácter público, de finais do século XIX; e, que necesita unha urxente restauración; e os dous que hai no lugar de Horta (San Xoán de Agueira); privados; do último tercio do século XX; e ben conservados. Con respecto ás cruces, sinalamos varias cruces misionais, restos dalgún vía crucis, e dúas cruces ordinarias: unha de madeira e a outra de pedra. As cruces misionais, emprazadas no interior das igrexas - casos das freguesías de Agueira, Cruzul, Oselle, Quintá da Cancelada, e Vilachá - son artesanais e amosan unha relevante información sobre as misións, levadas a cabo nos seis primeiros lustros do século XX; están ben conservadas agás a do interior da freguesía de A Quintá da Cancelada – a máis antiga de todas- que necesita unha pronta restauración. En canto ás cruces misionais de índole externa, como a do San Pedro de Tortes, tamén necesita unha rápida restauración. Ademais hai cruces de carácter ordinario, que cumpren a súa función esencial: o de ser importantes elementos de cristianización, reflectida por unha banda no intre de “bicar a reliquia” -caso do relicario de Penamaior- , e por outra, no momento no que son circunvaladas pola procesión, que sae na festividade central do recinto sacro -casos da de Garalla, Fontaron, e Penamaior- . Finalmente, hai unha cruz -a de Vilamane- que ten un sentido funerario en canto que reflicte a lembranza a unha finada; e un víacrucis -o de Vilouta- que é a manifestación da doazón dun membro da comunidade.

IV. BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, J.M., e SAAVEDRA PÉREZ, Mario.: Cruceiros do Concello de Vilalba, Vilalba (Lugo): I.E.S.CH. 2011.
ÁLVAREZ CAO, Charo.: “Becerreá”, en Galicia, pueblo a pueblo. A Voz de Galicia. A Coruña, 1993
BLANCO PRADO, José Manuel e MUÑIZ BESTEIRO, Manuel.: Cruceiros, Cristos, Cruces de pedera, e Esmoleiros do Concello de Guntín de Pallares (Lugo). Actas do VIII Congreso de Cruceiros, Cruces, e Esmoleiros. Lugo. 2017.
EQUIPO “IR INDO”.: Galicia en Comarcas. Os Ancares e O Courel, Vigo: Ed. Ir Indo
Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Madrid: Ministerio de Cultura, Servicio de Publicacións, t.VI,
MUÑIZ, Manuel.: Itinerarios polo Concello de Castroverde, Lugo: Amigos do Patrimonio de Castroverde, 2011.
FIGUEROA PAZ, Antonio V.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (SIX).
RODRÍGUEZ CASTELAO, A.: As cruces de pedra na Galiza, Madrid: Akal, 1975 (Ed. Facsimil).
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES