O asilo de Foz: Vodas de Platino (II)
Fernández, Suso - miércoles, 16 de enero de 2008
Polo ano 1928 iniciase a construcción do Asilo, obras que rematan en 1931, según consta no frontispicio da entrada principal. Pero será dous anos mais tarde -1933- cando se inaugure; precisamente o día 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme, patronímico asignado a aquela institución por vontade da súa fundadora.
Vallibria, o periódico que en Mondoñedo dirixía aquel xornalista, focego de adopción, que foi don Xosé Trapero Pardo, daba novas do acontecemento con unha crónica na que se decía: ...un reconfortante Asilo en el que el pequeño detalle está escrupulosamente atendido, y a Foz un edificio que es gala y ornato de la villa
dominando el terapéutico panorama de la ría, y dilatadas perspectivas del litoral, desde Tapia a San Ciprián; es un hermoso edificio cuadrado de dos plantas, de altos y profundos ventanales que mide por cada lado 34 metros, y dividido por una capilla central, de bella traza románica, en dos costados laterales, completamente idénticos, para los asilados de cada sexo, que amplias escaleras de cómodos rellanos dividen en dos secciones
Toda la pavimentación del edificio excepto la de los dormitorios, es de baldosín de la renombrada fábrica de Burela. El establecimiento, que está separado de la carretera de la costa por un jardín con amplia escalinata y elegante verja forjada por cierto en los talleres de Foz, cuenta con abundante agua corriente en todos los departamentos y un elevado murallón cierra sus 65 áreas de huerta
.
El edificio, que embellece grandemente aquel paraje, y que ha costado 375.000 pesetas sin contar las dependencias exteriores, honra al arquitecto don Roberto Lage Baamonde, así como al contratista señor Mera.
A construcción, de fermosa traza e acusada personalidade, se divisaba entón dende calquera punto da vila, e dende a outra beira da ría a súa planta erguíase maxestuosa sobre as casiñas que se apiñaban arredor da igrexa e do porto.
Así o expresaba Rufina Solveira nunha poesía publicada en La Democracia de Luarca o 20-10-1934; unha descripción que fai da visión de Foz dende Barreiros, onde residira por algún tempo. Precisamente o título é Mi Pueblo e dí así:
Desde la casa en que habito
veo a mi pueblo natal
mirándose al gran espejo
del majestuoso mar.
Hasta él llegan las olas
y blancas copas de espuma
conchitas de algas marinas
y nubes de espesa bruma.
Veo a mi humilde casita
rodeada de una higuera
contemplando las barquillas
al margen de la rivera.
Veo el faro que señala
el peligro al marinero
su lucecita brillante
hace guiños al mar fiero.
Veo el soberbio edificio
que cobija al desvalido
quizá yo algún día en él
dé mi postrer suspiro.
O 9-9-1935, o Concello, a petición dos albaceas, declara como cemiterio o panteón construído na capela, só ós efectos do traslado e inhumación dos restos do matrimonio Martínez Otero, sepultados no cemiterio de San Cosme de Barreiros, súplica que coincide cos constantes desexos do pobo de Foz, eternamente agradecido ós seus Fillos Predilectos, doantes do seu importante patrimonio para a construcción do Asilo e un colexio de1ª e 2ª ensinanza para os nenos pobres, carentes de medios de instrucción
, según consta na acta da sesión municipal na que se tomou o acordo.
No transcurso do tempo o Asilo foi obxeto de melloras e transformacións, sempre tendentes a mellor cumprir as funcións para o que foi concebido. Nese sentido, gardamos especial recordo das realizadas aló polos anos setenta, coa ampliación e modernización das súas dependencias e servicios, a dotación de instalacións para matrimonios, cafetería, perruquería para donas e cabaleiros, sala de xogos, de TV e de lectura, aseos para minusválidos
así como ascensores para camillas, megafonía, máquinas dispensadoras de bebidas, planchadoras, lavadoras, etc...
Era unha época na que rexía a Comunidade unha monxa excepcional, tan pequena de corpo como grande de espíritu, de traballo, de xenerosidade, de optimismo, de entrega e de ilusión: a Madre Ambrosia, de inesquecible recordo.

Fernández, Suso