Estaremos perdendo valores?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 25 de julio de 2019
Está moi claro que a vida é un cambio constante.
Todo cambia.
¿Todo?
¿Todo debe cambiar?
Penso que todo, TODO: NON.
Ata non hai moito, no noso país, fundar unha familia significaba:
-Un noivazgo entre persoas heterosexuais (home-muller) máis ou menos longo ata coñecer ben á persoa coa que querían compartir a vida de modo estable e duradeiro.
Durante ese tempo dábanse pasos moi lentos.
Entre outras cousas non se pisaba a casa da outra persoa mentres non se formalizaba a situación.
En teoría: debíase chegar virxe ó matrimonio, gardar fidelidade e outras cousiñas.
E cando se estaba seguro,cando o amor brotaba; os namorados daban o salto ó matrimonio: civil e canónico.
Os dous ó mesmo tempo.
Tamén había matrimonios amañados entre familias para arrimar capital, pero casaban polo civil e tamén recibíann o Sacramento do Matrimonio Canónico.
Fora como fora: a partir dese momento os esposos aceptábanse na saúde e na enfermidade ata a morte porque os principios morais e relixiosose tamén a presión social así o mandaban.
Como as condiciós eran moi estrictas, pensábase algo máis.
Non sempre saían ben as cousas, non sempre había a madurez suficiente para levar a cabo os obxectivos marcados, a pesar das pertinentes amonestacións
.
(Non recordo que ninguén puxese impedimento cando o señor crego lía as amonestacións na misa anunciando o desexo dos constraíntes)
Non sempre saían ben, pero xeralmente eran duradeiros.
Hoxe en día hai moitas persoas que se pasaron á outra banda:
-NIN NOIVAZGO.
- NIN PREPARACIÓN RELIXIOSA.
- NIN RESPECTO Á VIRXINIDADE-
- NIN FIDELIDADE NIN NADA:
AMOR A PRIMEIRA VISTA
Amor a primeira vista e despois: o que saia; e cando non funcione: a otra cosa, mariposa ou coa música a outra parte.
A cousa vén desde que os proxenitores optan por abandoar a formación espiritual e relixiosa dos seus fillos alegando que xa farán o que queiran cando teñan capacidade para decidir por eles mesmos.
Ó meu humilde entender, desperdician un tempo precioso para recibir a formación que recibiron tódolos seus ancestros ó longo da historia de Cristiandade.
E
cuando el juicio ha venido, el tiempo se ha ido
Tratan de construir a súa vida matrimonial coas súas propias forzas:
-Considéranse moi listos e moi ben preparados.
-Pensan que non precisan a axuda do Alto para ter éxito na vida de parella.
-Pensan que agora as cousas fanse doutra maneira.
Doutra maneira mellor, claro.
Pero
A realidade dinos que cada día hai máis fracasos na vida de parella.
¿Por qué será?
..
Grazas que:
-Aínda hai moitas persoas crentes que conservan os valores morais e relixiosos como algo moi preciado.
-Grazas que os crentes,seguen celebrando o matrimonio civil e máis o canónico ó mesmo tempo.
Felicito a a ese tipo de persoas que aínda conservan o que nunca debera perderse: a formación espiritual e relixiosa da nosa querida Igrexa Católica que nos di que o Matrimonio é un dos sete sacramentos.
Por ese Sacramento, os esposos sempre teñen a quen recurrir nos momentos duros da vida.
O Espirito Santo dálles forzas para saber aceptar os contratempos que vida lles vai presentando, así como as limitacións dos propios esposos.
Saben que pase o que pase: Deus nunca os vai abandoar.
Pero se contamos soamente coas nosas forzas e se prescindimos da axuda de Deus non momento duros da vida
¿A QUEN RECURRIREMOS?
Os psicólogos e os psiquiatras están para outras cousas.
PENSO QUE A FORMACIÓN ESPIRITUAL E RELIXIOSA É UN DOS VALORES QUE TEMOS UN POUCO ESQUECIDOS NESTES TEMPOS.
ESQUECIDOS OU IGNORADOS, que aínda é peor.
DA AUSENCIA DOS VALORES MORAIS E RELIXIOSOS, DERÍVANSE MOITOS SUFRIMENTOS QUE PODERÍAN VERSE DE FORMA DIFERENTE.
Certo que hai quen ten moi bos valores éticos, pero uns non exclúen ós outros.
¿A QUEN RECURRIREMOS?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas ás familias construidas con fundamento porque elas aportan esperanza e benestar á sociedade.
E moitas grazas tamén por terme na súa consideración nesta ocasión, aínda que vostede opine diferente a min neste sentido.
Esta é tan só unha opinión.
Respecto mutuo ante todo.
Eso sempre.
¡Sexa feliz!
E que o APÓSTOLO SANTIAGO, copatrón de España, interceda por nós.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora