Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dar a cara é honestidade

miércoles, 24 de julio de 2019
Un verdadeiro demócrata ten que apoiar ás vítimas da lei mordaza. Son vítimas da covardía de quen non sabe face uso da liberdade de expresión para rebater argumentos de maneira sólida e convincente. Daquela, como eu non sei defenderme verbalmente, couto a democracia para que ninguén o faga. Iso é a lei mordaza; os demais, contos da feira.

Agora ben, a liberdade de expresión debería conlevar a obriga de dar a cara ante a opinión propia. Para isto, temos que construír unha sociedade na que unha opinión persoal non lle vala a ninguén a perda dun emprego nin o sambenito dos medios de comunicación que na práctica supón un ostracismo social.

Neste tema é necesario unha actuación paralela a dúas bandas: por un lado, hai que deixar de xogar coa liberdade de expresión e asegurar o seu exercicio de xeito efectivo e permanente. Polo outro, unha vez que a liberdade de expresión sexa eficaz e efectiva, hai que educar e promocionar que a cidadanía dea a cara sen medo, sen medo ao ostracismo, a perder o emprego, a perder as amizades, a ser insultada pola rúa, a non poder desenvolver os seus proxectos de vida…

Dar a cara é honestidade, si; pero a ninguén lle gusta levar nos fuciños o ser apedrado verbalmente; sobre todo, porque a verdadeira cicatriz dese acto é unha etiqueta de por vida. Para esixir honestidade, temos que dar comprensión e asegurar a calquera persoa que un erro deste tipo non a vai condenar socialmente de por vida.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES