Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recuperando a memoria

miércoles, 24 de julio de 2019
Nestes días os medios e as redes sociais transmitían a emoción da veciñanza de Santa Mariña de Lagostelle por abrir as fosas de persoas soterradas no adro co golpe do 36. Esta atención contaxiou a sectores sensibles da comarca, sobre todo á lindante de Aranga embarcada no mesmo destino: acoller no noso comunal persoas martirizadas pola violencia do poder... Viviamos na incertidume, unha lousa xigante de medo apoderárase da poboación e sementara a desmemoria no pobo, ninguén quería falar daquelas xornadas negras nas que escoitaran os laios de dor e morte de homes nas cunetas e brañas da parroquia.

Pero a nosa comunidade foi madurando e concientizándose de que non podíamos seguir bloqueados polo silencio... Nalgún acendéuse a chama do humanismo e a fraternidade e partillou as súas lembranzas, e fomos aprendendo que os veciños que foron mandados para transportar os cadaveres en carros de bois ata o cemiterio e soterraronos fixérono con respecto coma si fosen veciños de toda a vida e coa esperanza de que as familias algún día os levasen aos seus herdos.

É verdade que algún parente estaba sufrindo alí a desfeita e tamén que algún, pola noite ás agochadas, tempo despois levaron aos seus... Coa mesma responsabilidade os que convivimos agora en Santa Mariña queremos coñecer a identidade dos que levan máis de 80 anos entre nós e dala a saber as súas familias... Vivimos todo este tempo con tensión e coa teima de que un día todos van ter unha sepultura digna, nas súas familias ou na nosa parroquia.

Nestas décadas fixéronse merecentes do noso agarimo porque sabemos ler no sufrimento e no silencio das persoas. Dedicámoslles celebracións e ofrendas frorais porque somos sabedores de que deron a súa vida polas súas ideas que adiviñamos que eran as da igoaldade e a paz, e así nesta loita contra o esquecemento que é peor ca morte, descubrimos máis episodios daquel terror arrepiante que traspasou a nosa paisaxe, e coñecimos a tres rapaces detidos na nosa parroquia, os “Irmáns da lexía”, un deles menor de idade, e algún máis, líderes xuvenís, aos que as autoridades de A Coruña lles encomendaran a protección das instancias aprobadas polo pobo.

Costounos decubrir a súa identidade, pero agora xa coñecemos sobriñ@s seus, mesmo unha delas, Selva, visitanos dende Arxentina para participar no Memorial dos Irmans da Lexía, no que interveñen colectivos politicos e socioculturais de A Coruña onde foron paseados dun xeito ignominioso, e ao que acuden peñas de Riazor Blues, porque Bebel, un deles, era xogador do Deportivo, e está a ser a mocidade a que quere celebrar con máis enerxía que estamos a liberar a historia secuestrada.

En Santa Mariña valoramos os nosos camiños e eles saben moito da nosa historia e foron os que recolleron os derradeiros saloucos e a ollada máis triste duns mozos que os mataron porque querían unha sociedade máis solidaria.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES