Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Pena Grande de Vilalba

martes, 23 de julio de 2019
A Pena Grande de Vilalba Hai unhas semanas visitei en Vilalba unha vivenda orixinal, en realidade unha segunda vivenda, para o bo tempo, utilizada por chairegos de cando en cando para pasar unha tempada, cazar, facer bricolaxe, e vivir na natureza…

O que tan ben soa na actualidade –cazar, bricolaxe, vida na natureza…- resulta que estes chairegos practicábano hai agora máis de 12.000 anos no lugar que se chama Pena Grande, que ahora xa é propiedade de todos os vilalbeses, despois de que se evitase a súa poxa pública ao resultar un terreo de propietario descoñecido, sobrante da concentración parcelaria de Santaballa.

Eu visitara xa a Pena Grande o ano 2005, na compaña do arqueólogo e médico don José Ramil, con motivo do Congreso Terra Chá, cando medio cento de interesados no noso pasado, fomos coñecer onde os primeiros chairegos coñecidos se abrigaban, facían utensilios para cazar, observaban os movementos dos animais que poderían ser cazados, baixaban ao rio a proveerse de auga, e ao mellor ata ían á cercana Charca de Codesido para beneficiarse das propiedades curativas das augas estimadas, agora coma sempre, para diversas enfermedades.

[FOTO]Esta vez fun acompañado polo profesor vilalbés Xosé Antón Pombo Mosquera, que ten estudiado amplamente este antiquísimo abrigo humano, e publicado hai anos un interesante libro sobre as poboacións dos nosos máis vellos devanceiros, que facían, que comían, que fabricaban, como vivían… tema que ao mellor pode parecernos que non nos interesa moito, que nada teñen que ver connnosco, cando en realidade son os nosos primeiros pais, e temos a obriga de coñecer como eramos daquela para entender como somos hoxe.

A min cáusame unha sensación especial visitar o lugar onde hai máis de doce mil anos se abrigaban os cazadores nómadas vilalbeses, e admírame que haxa científicos –Pombo Mosquera é un deles- capaces de entender agora as pegadas que deixaron. Porque Pena Grande, o noso pasado máis lonxano, é como unha catedral, como un castelo, pero sobre todo como un libro de historia, que temos que aprender a coñecer, e que comezaremos a saber ler cando os vilalbeses de agora visitemos a primeira casa dos vilalbeses máis vellos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES