Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando Vilalba superou os lindes do castelo

martes, 23 de julio de 2019
Os lindes do antigo castelo de Vilalba, o seu emprazamento dominador de camiños e a transformación da contorna da fortaleza é asunto que nos vén ocupando dende hai Cando Vilalba superou os lindes do castelotempo. Fotografías case esquecidas fannos retomar os estudos porque ofrecen informacións valiosas que aclaran palabras dos documentos.

A estampa que hoxe nos ocupa, coa poderosa torre ao fondo, retrata o cruce das estradas de Baamonde e a de Ferrol-Rábade. Na imaxe máis antiga observamos unha casa de planta baixa na que se sitúa a placa que sinala o inicio da rúa Cos-Gayón, aquel ministro de Gracia y Justicia que en 1892 asinou a dotación dos cartos necesarios para rematar a igrexa de Vilalba. Rúa que antes fora coñecida por estrada de Lugo, por rúa da Liberdade, despois foi chamada de Primo de Rivera e hoxe coñécese por rúa de Galicia. A carón da casa, un poste de fundición de ferro sinala a dirección de Rábade.

A muralla, substituída
Pola estrada de Baamonde, actual rúa conde Pallares, achégase unha muller calzando zocas e cesta na cabeza que racha a soidade do lugar. Un poste da luz cos seus cables abéirase a un muro de pedra acabado de facer e que pecha, supoñemos, unhas hortas. Antes da torre, despois da árbore, sitúase un solar onde se desfixera unha casa que aínda conserva o penal. Máis aló outra casa con galería traseira.

Do conxunto fixámonos no muro. Era o que levantara había pouco o promotor inmobiliario Valeriano Valdesuso despois de mercar o castelo ao conde de Lemos en 1897. Substituía a antiga muralla do castelo aínda que tiña menor altura e grosor. A pedra sobrante foi utilizada en casas circundantes edificadas polo construtor. A fotografía pode datarse aló polo ano 1900 ou moi pouco despois.

A perspectiva cambia uns vinte e cinco anos despois. Dende máis lonxe a fotografía devolve unha imaxe da rúa Cos-Gayón ou Galicia na que se construíron modernos edificios e amplas beirarrúas que só un home parece disposto a pisar. Está presente a casa baixa de inicio da rúa. Onde se situaba a árbore, aló por 1909, o acomodado Pedro Paz, de Pacios-Begonte, edificou unha casa con xardín, logo coñecida polo nome do seu xenro, Abelleira, unha das máis sólidas da vila e símbolo da prosperidade comercial que Cando Vilalba superou os lindes do castelochegara da man das feiras.

Galerías
E como as posibilidades económicas continuaban e novas modas arquitectónicas chegaban das cidades, a esa casa engadíronselle, aló nos primeiro anos da década de 1930, amplas galerías que, aproveitando a luz e a calor do sol, servían de lugar privilexiado de observación tanto do tránsito diario coma dos acontecementos extraordinarios que noutrora marcaban o paso do tempo.

Tomando como referencia as ameas e a porta da torre da homenaxe, hoxe a visión do lugar é diferente. A casa baixa onde se iniciaba a rúa Cos-Gayón non existe e o seu espazo pasou a formar parte da calzada. O xardín da casa de Abelleira foi asimilado, seica, aos espazos do parador. Unha casa que destina o baixo a café-bar e que se acabou de construír en 1936 empraza a súa fachada seguindo o aliñamento do muro que substituíra a vella muralla da castelo. Indicadores ben distintos dos antigos continúan informado de lugares.

Cables
Automóbiles e viandantes chegan e marchan no cruce que xa non parece tan solitario. Os sempiternos cables da luz fanse ver atravesando o espazo por onde mellor convén á compañía eléctrica sen que ninguén ouse chistar. E para demostrar a limpeza do lugar nada mellor que unha exposición de depósitos de reciclaxe que sairán nas fotos dos curiosos e turistas que retraten o emblemático lugar da vila. Cousas.
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES